
O 8M, Día Internacional da Muller, reúne a todas as mulleres do mundo na súa loita milenaria por ter os mesmos dereitos que os homes. Neste día, todas as mulleres xúntanse e maniféstanse a prol dos seus dereitos por riba das fronterias nacionais e das súas diferencias culturais, lingüísticas, étnicas, políticas ou económicas. A ONU celébrao desde 1975 aínda que o día afonda as súas raíces nos comezos do século XX nas manifestacións das mulleres, onde reclamaban o seu dereito ao voto, unhas condiciones de traballo dignas e a igualdade entre sexos.
Desde o Servizo de Biblioteca queremos unirnos a esta celebración cunha selección de libros e películas relacionados cos nosos dereitos. Animámovos a participar e enviarnos suxerencias ao correo electrónico informacion.bib@udc.es para engadilas a esta guía.