Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

8M na BUDC: Presentación

La Conferencia Mundial del Año Internacional de la Mujer se inaugura en el Gimnasio Juan de la Barrera de Ciudad de México el 19 de junio de 1975.

 

 

O 8M, Día Internacional da Muller, reúne a todas as mulleres do mundo na súa loita milenaria por ter os mesmos dereitos que os homes. Neste día, todas as mulleres xúntanse e maniféstanse a prol dos seus dereitos por riba das fronterias nacionais e das súas diferencias culturais, lingüísticas, étnicas, políticas ou económicas. A ONU celébrao desde 1975 aínda que o día afonda as súas raíces nos comezos do século XX nas manifestacións das mulleres, onde reclamaban o seu dereito ao voto, unhas condiciones de traballo dignas e a igualdade entre sexos.

Desde o Servizo de Biblioteca queremos unirnos a esta celebración cunha selección de libros e películas relacionados cos nosos dereitos. Animámovos a participar e enviarnos suxerencias ao correo electrónico informacion.bib@udc.es para engadilas a esta guía.

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons