Os usuarios que non pertenzan á comunidade universitaria, e xa que logo non teñen credenciais, poden obter unha tarxeta da biblioteca previo envío a acceso.doc@udc.es do seguinte formulario de alta cuberto e firmado acompañado dunha fotocopia/imaxe do D.N.I., pasaporte ou carné de conducir, e alegar estar nalgún dos seguintes casos:
O formulario impreso tamén está dispoñible nas bibliotecas da Universidade para quen prefira entregalo presencialmente.
A autorización da dereito a levar 6 documentos durante 10 días.
Máis información:
Unha vez dada de alta, a persoa usuaria recibirá unha carta de benvida e un correo electrónico que lle permitirá cambiar o seu contrasinal.
Para entrar na túa conta en Crunia tes que iniciar a sesión como Usuario/a Autorizado/a co teu usuario (21+DNI) e o contrasinal que escolliches durante el proceso de alta.
Lembra que a meirande parte da información do catálogo é de consulta libre pero se te identificas poderas renovar, reservar, gardar buscas e favoritos, etc...
Non obstante as persoas usuarias autorizadas externas NON TEÑEN ACCESO aos recursos electrónicos subscritos por la UDC nin á wifi. Podes utilizar para iso os ordenadores que hai á túa disposición nas bibliotecas.
O préstamo realizarase mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos:
O carné ten unha validez dun ano. Pódese solicitar a renovación sempre que non se teñan préstamos caducados. Para a renovación, emprégase o mesmo formulario pero non é necesario achegar ningún outro documento.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es