Skip to Main Content

Crunia: o catálogo da Biblioteca Universitaria da Universidade da Coruña

Acceder aos recursos

Desde a pantalla de resultados breves podes acceder ao contido.

As vías de acceso son distintas dependendo de se se trata de documentos en formato físico ou electrónico.

Recursos físicos

Se premes na ligazón do recurso físico

Levarache ao apartado 'Obtelo' do rexistro completo.

Neste apartado podes ver sempre en que bibliotecas están ubicados os recursos, pero para acceder á información completa, reservar documentos prestados ou solicitar libros doutras bibliotecas é imprescindible identificarse en Crunia.

 

Se non te idenficas, ao premer na flecha só accedes á información parcial: se os exemplares están dispoñibles, se son prestables e a signatura/código del documento.

 

Identifícate

Permíteche:

  • Ver as condicións de préstamo (tempo que podes ter o documento).
  • Solicitar/reservar o documento a través dun formulario. Consulta aquí como facelo.

Recursos electrónicos

Se premes na ligazón do recurso electrónico

Levarache ao apartado 'Ver en liña' do rexistro completo.

Aquí mostraranse as distintas opcións de acceso ao recurso. Preme na ligazón para acceder.

 

 

 

Se atopas algún problema para consultar os recursos electrónicos consulta este apartado:

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons