Ir ao contido principal

Crunia: o catálogo da Biblioteca Universitaria da Universidade da Coruña

1. Información sobre a páxina e accións sobre varios rexistros a un tempo

Esta zona da páxina ofrece información sobre a propia páxina e o número de resultados atopados na busca inicial ou, unha vez aplicados os filtros, o número de resultados que cumpren as condicións escollidas.

 

Número de resultados por páxina

Por defecto a interface devolve 10 resultados por páxina, pero podes escoller que che presente 25 ou 50 resultados.

 

Engadir a favoritos

Unha vez seleccionados os documentos, facer clic no alfinete (pin) marcado na imaxe.

 

Se non se iniciou sesión en Crunia, aparecerá unha alerta no menú superior. Cómpre identificarse para que a garda sexa permanente.

 

Outras accións

Facer clic nos tres puntos   ···   

  1. Exportar os rexistros seleccionados a Bibtex, RIS, Easybib, Endnote e RefWorks.
  2. Imprimir
  3. Enviar por correo electrónico

2. Expandir resultados

Se a busca devolve poucos resultados tes a posibilidad de amplialos activando a opción 'Buscar máis resultados fora das coleccións da biblioteca'. Ao marcar esta opción, incluiranse documentos alleos á UDC. Neste caso coa mesma busca pasamos de 310 resultados a 911.

 

Ten en conta que, ao marcar esta opción, os resultados ampliaranse con contido non subscrito pola universidade. Nalgúns casos pode tratarse de material publicado en revistas de Acceso aberto ou en repositorios e polo tanto poderás acceder ao texto completo, pero noutros casos non.

 

3. Ordenación dos resultados

Crunia, por defecto, ordena os resultados por Relevancia.

Outras opcións de ordenación son as seguintes:

4. Filtrar os resultados

Baixo a Ordenación dos resultados, aparecen os filtros de facetas. Pódense seleccionar e deseleccionar/excluir opcións á vez.

 

Aquí amosamos o exemplo da primeira imaxe (Resultados breves

BUSCA

Termo: Letras galegas

Alcance: Buscar en todo

Sen filtrar:

Nº de resultados: 310

 

Filtrado:

Tipo de recurso: Libros

Dispoñibilidade: En soporte físico

Biblioteca: Educación

Idioma: Español

Nº de resultados: 61

5. Accións sobre un rexistro

1. Cadea: copiar a ligazón permanente ao rexistro

2. Sobre: enviar por correo electrónico

3. Alfinete (pin): engadir a favoritos

4. Tres puntos: máis accións

 

Xerar citas

Se queremos facer unha cita rápida nun documento podemos premer na opción 'Cita' e escoller entre varios estilos de cita. Só tes que copiar e pegar.

Exportar citas

Se utlizas Refworks ou Endnote como xestores bibliográfico para realizar os teus traballos académicos podes facer unha exportación directa dos rexistros que necesites, de maneira individual ou por lotes.

No caso de que utilices outros xestores como Zotero, Mendeley, etc. tes a opción de exportar o/os rexistro/s que che interese/n a un formato RIS ou BibTex para despois importalo/s na túa ferramenta.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons