Para acceder ao texto completo dos recursos electrónicos cómpre identificarse a través de Crunia coas túas credenciais habituais da Universidade da Coruña.
Esta identificación realízase na Intranet Institucional a través do portal Accedys, o cal ofrece acceso a calquera recurso electrónico proporcionado pola Biblioteca da UDC (ebooks, revistas, bases de datos, RUC) de forma independente da ubicación (enderezo IP) do ordenador dende o que se traballa. Isto posibilita o acceso desde lugares distintos aos postos de traballo/estudo habituais ubicados nos Campus da UDC, ben sexa por desprazamentos temporais ou por traballar/estudar dende casa.
* Cando un membro da UDC accede á páxina web dun editor ou provedor de recursos electrónicos sen usar a páxina da biblioteca/ universidade, poderá acceder ao contido directamente, utilizando o SIR - Servizo de Identidade RedIris. Máis información aquí.
Para este tipo de problemas, consulta este apartado:
Se, estando debidamente identificado en Crunia (sendo membro da BUDC), cando queres acceder aos recursos electrónicos tes problemas cos certificados de seguridade recomendámoche que probes con estas solucións:
Se atopas algunha ligazón rota mentres navegas por Crunia ou problemas co acceso a un recurso en concreto, preme nesta icona que sempre aparece na marxe inferior dereita da túa pantalla.
Abriráseche un formulario para solicitar que se revise ese problema e se solucione, ademais doutras opcións:
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es