Skip to Main Content

Crunia: o catálogo da Biblioteca Universitaria da Universidade da Coruña

Solicitar novas adquisicións

Desde CRUNIA podes suxerir ou solicitar a compra de novos recursos que non se atopen na colección da Biblioteca Universitaria. 

Para iso debes seguir os seguintes pasos: 

1. Consulta o catálogo e comproba que o libro non está entre os fondos da Biblioteca Universitaria e se o estivese xustifica a túa solicitude. 

2. Accede ao formulario dende a ligazón do menú superior ou dende a navegación estendida.

3. Introduce no formulario os teus datos persoais e todos os datos posibles acerca da obra que che interesa. Campos obrigatorios: Título e biblioteca onde queres que se realice a compra do documento solicitado. 

 

4.  Acepta a politica de privacidade e preme en  Enviar solicitude. A túa solicitude será enviada a unha das nosas bibliotecas (onde encaixe temáticamente) e valorada. Recibirás un correo para indicarche se a solicitude foi autorizada ou rexeitada, ou ben solicitándoche máis información acerca desta.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons