Unha vez localizado o exemplar sobre o que queremos facer a reserva, e despois de iniciar sesión, imos ao rexistro detallado facendo clic no título do ítem ou no apartado de dispoñibilidade:

No apartado Obtelo do rexistro detallado ou completo, seleccionar a localización e premer en Solicitar / Reservar .

Aparece un formulario que hai que cubrir, cos seguintes datos:
- É obrigatorio cubrir a biblioteca onde a persoa usuaria desexa recoller o exemplar *

Unha vez feita a solicitude, esta aparecerá na súa conta da biblioteca no apartado "As miñas solicitudes"