Dialnet é un dos meirandes portais bibliográficos do mundo, cuxo principal cometido é dar maior visibilidade á literatura científica hispana.
Promovido pola Universidad de la Rioja, actualmente constitúese como un gran proxecto de cooperación interuniversitaria que integra recursos e servizos documentais, ademais de ser un referente no acceso libre á literatura científica.
Céntrase fundamentalmente nos ámbitos das Ciencias Humanas, Xurídicas e Sociais, áreas nas que é unha ferramenta fundamental para a busca de información de calidade.
Dialnet integra distintos recursos e servizos documentais:
A Universidade da Coruña asinou en 2005 o convenio de colaboración coa Fundación Dialnet para participar na indexación de contidos e na xestión de citas bibliográficas das revistas.
Tabla extraída de Fundación Dialnet. Dialnet Plus. Manual de uso. (Acceso 21/05/2021)
Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas e traballar cos fondos dispoñibles.
Ademais dos servizos que Dialnet ofrece en aberto (busca simple de documentos e subscrición de alertas de revistas), Dialnet Plus dá acceso a numerosos servizos avanzados e personalizados:
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es