Dialnet ofrece ás institucións colaboradoras a posibilidade de crear unha páxina de información propia dentro da plataforma. Nesta páxina móstrase toda a información existente en Dialnet que está relacionada coa institución:
Pódese acceder aos perfís das institucións colaboradoras premendo na opción "Colaboradores con páxina institucional" na pantalla principal de Dialnet.
Existen tres opcións que permiten atopar os/as autores/as afiliados á institución:
Amosa as últimas publicacións dos/as autores/as da institución, agrupadas por: artigos, libros, lecturas de teses e últimos/as autores/as vinculados/as a dita entidade.
Mostra a páxina do Servizo de Publicacións da Institución, onde aparece a listaxe das publicacións editadas e referenciadas en Dialnet. Ofrécese unha lista diferenciada por libros e por revistas.
Lista de teses lídas na institución, cunha caixa de busca que permite localizar as teses por algún dos campos da referencia bibliográfica (autor/a, título, etc.) ou por palabra clave.
A lista de teses pódese restrinxir por diferentes filtros, así como ordenar por Relevancia, Novidades en Dialnet ou Ano de publicación.
Mostra as edicións de Congresos organizadas pola Institución. Ao igual que coas teses, ofrécense diversas funcionalidades:
Estatísticas sobre os/as autores/as da Institución presentes en Dialnet:
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es