Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Dialnet: Inicio

Que é Dialnet?

Dialnet é un dos meirandes portais bibliográficos do mundo, cuxo principal cometido é dar maior visibilidade á literatura científica hispana

Promovido pola Universidad de la Rioja, actualmente constitúese como un gran proxecto de cooperación interuniversitaria que integra recursos e servizos documentais, ademais de ser un referente no acceso libre á literatura científica.

Céntrase fundamentalmente nos ámbitos das Ciencias Humanas, Xurídicas e Sociais, áreas nas que é unha ferramenta fundamental para a busca de información de calidade.

Dialnet integra distintos recursos e servizos documentais:

  • Base de datos:  artigos de revista, libros e capítulos de libros colectivos, actas de congresos, teses de doutoramento, recensións doutras publicacións en Dialnet…
  • Servizo de alertas bibliográficas para os contidos das revistas científicas hispanas.
  • Hemeroteca virtual de carácter interdisciplinar, aínda que cun predominio das revistas de Ciencias humanas, xurídicas e sociais.
  • Repositorio de acceso á literatura científica hispana a texto completo, sumándose ao movemento Open Access.

A Universidade da Coruña asinou en 2005 o convenio de colaboración coa Fundación Dialnet para participar na indexación de contidos e na xestión de citas bibliográficas das revistas.
 

Acceso a Dialnet

Dialnet Plus

Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas e traballar cos fondos dispoñibles.

Ademais dos servizos que Dialnet ofrece en aberto (busca simple de documentos e subscrición de alertas de revistas), Dialnet Plus dá acceso a numerosos servizos avanzados e personalizados:

  • Busca avanzada de documentos e autores, con aplicación de diferentes filtros para a mesma.
  • Visualización de resultados: navegación pola listaxe de autores, nubes de coautorías, dispoñibilidade dos documentos na biblioteca da institución, etc.
  • Exportación de documentos seleccionados, almacenamento das buscas realizadas, creación de listas bibliográficas para compartir, etc.
  • Personalización da imaxe do portal e das alertas, acceso a estatísticas de uso, etc.

Comparativa Dialnet - Dialnet Plus

 


Tabla extraída de Fundación Dialnet. Dialnet Plus. Manual de uso. (Acceso 21/05/2021)

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons