Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Dialnet: Acceso e rexistro

Como rexistrarse


Para disfrutar de todas as funcionalidades de Dialnet Plus, é recomendable crear unha conta de usuario e iniciar sesión para traballar coa plataforma.


Hai que entrar en Dialnet e seleccionar a opción Regístrese:
 


Cúbrese o formulario de rexistro indicando o tipo de institución e a institución á que se pertence. No formulario pódense configurar tamén as materias de maior interese para recibir no correo electrónico as novidades incorporadas a Dialnet sobre as mesmas.


Por último, ao Aceptar o rexistro enviarase automaticamente unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico para confirmar a alta. Prémese na  ligazón Finalizar Alta, para completar o proceso.


Tras iniciar sesión en Dialnet Plus, cada usuario/a pode acceder ao seu perfil persoal, onde se poden modificar os datos da conta ou seleccionar novas materias de interese.

Desde a páxina do perfil tamén se pode solicitar a baixa dos servizos de Dialnet. Esta opción é irreversible polo que, para volver usar Dialnet Plus, haberá que crearse un novo rexistro.
 

Como acceder

Para acceder a Dialnet Plus é necesario entrar na sección de bases de datos da web do Servizo de biblioteca e premer en Dialnet.

Acceso desde fóra do campus

Para acceder a Dialnet Plus desde fóra do campus é necesario Autenticarse antes como membro da UDC e, sen saír da páxina web da biblioteca, entrar en Dialnet desde as bases de datos.

Aínda que se pode consultar Dialnet sen necesidade de rexistrarse, o Rexistro é imprescindible para subscribir Alertas ou acceder a algúns dos servizos avanzados.

Vantaxes de rexistrarse

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons