Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Dialnet: Buscar

Como buscar


Dialnet Plus proporciona 5 buscadores específicos:


Pódense localizar documentos de todas as tipoloxías que recolle Dialnet (artigos de revista, capítulos de libro, documentos de traballo, teses de doutoramento, libros e recensións bibliográficas), ben desde a pantalla principal de Dialnet ou desde a opción Buscar, situada na parte superior da páxina.

  • Pantalla principal:
    • Buscar documentos: executa buscas utilizando termos presentes en calquera campo do rexistro bibliográfico. 
       

 

  • Opción Buscar: a busca executarase en toda a base de datos, pero permitirá seleccionar numerosos filtros para que esta sexa máis precisa.
     


De novo, é posible localizar títulos de revista desde a pantalla principal ou utilizando a opción Revistas:

  • Pantalla principal:
    • Buscar revistas: buscador simple específico para localizar revistas. Tamén se pode utilizar aquí calquera palabra ou concepto de busca.
       

 

  • buscador específico de revistas permite realizar buscas por palabras, ISSN, materia ou código da revista en Dialnet. Pódese restrinxir a busca a revistas que formen parte do Catálogo Latindex ou a revistas electrónicas.
     

 

Tamén se poden localizar revistas directamente, empregando calquera das outras opcións que se presentan na páxina:

  • Revistas con edición electrónica en Dialnet, aloxadas no servidor de Dialnet, cuxos artigos son descargables (marcados coa opción "E-Dialnet").
  • Outras revistas con edición electrónica, con textos completos de artigos dispoñibles en Internet (marcados coa opción "E-Revista").
  • Busca rápida por inicial, para localizar revistas nun A-Z pola inicial do seu nome.
  • Busca por materias e submaterias, para a busca de revistas vencelladas a un área de coñecemento (un mismo título pode estar adscrito a máis dunha área ou subárea temática)
     


O buscador específico de teses permite localizar todos os documentos desta tipologxa na base de datos de Dialnet: Pódense introducir os termos de busca na barra simple o ben despregala para incluír os filtros, que permiten restrinxir por termos, autores e directores, título da tese, ano de lectura ou universidade de defensa.
 


Do mesmo xeito, Dialnet tamén ofrece a posibilidade de localizar as teses directamente por materias e universidades, así como visualizar unha listaxe coas últimas teses incluídas en acceso aberto.


O menú específico para a busca de congresos presenta unha barra simple onde se poden introducir os termos da busca. O sistema devolverá unha listaxe dos congresos que coincidan coa ecuación de busca empregada.
 


A opción de buscar por autores só está dispoñible en Dialnet Plus.

A caixa de busca permite tanto buscas simples, introducindo simplemente os termos, como avanzadas, cun menú despregable que permite filtrar para conseguir resultados máis pertinentes. Dentro deste menú, as opcións de filtrado varían se se elixen persoas ou entidades.



Por outra banda, a páxina contén un directorio que permite localizar os/as autores/as por Universidade / Centro de investigación ou por Área de coñecemento.


Operadores lóxicos

Dialnet permite o uso de operadores lóxicos para realizar procuras máis complexas, mediante a combinación de dous ou máis térmos.

AND: operador por defecto se se introducen varios termos para recuperar documentos que os conteñan todos. En ocasións será necesario utilizalo de forma explícita para combinalo con outros operadores. Escríbese en maiúsculas.

Exemplo: covid AND vacunas (neste caso, o seu uso é opcional)

OR: operador que combina dous termos e recupera documentos que conteñen calquera deles. Escríbese en maiúsculas.

Exemplo: niños OR adolescentes

NOT: operador que combina dous termos e recupera documentos que conteñen o primeiro elemento pero non o segundo. Escríbese en maiúsculas.

Exemplo: otitis NOT gatos

* Comodín múltiple: emprégase para atopar coincidencias co termo cando pode haber diferenzas de varios caracteres. Pódese utilizar ao final ou no medio dun termo, pero non como primeiro carácter. Nota: O uso do comodín múltiple só funciona aplicado á busca de termos individuais, non para frases.

Exemplo: universi*  Recupera documentos cos termos: universidad, universidades, universitario/a, university, etc.

? Comodín individual: emprégase para atopar coincidencias co termo cando só varía 1 carácter. Pódese usar ao final ou no medio dun termo, pero non como primeiro carácter. Nota: O uso do comodín individual só funciona aplicado á busca de termos singulares, non para frases.

Exemplo: gat?  Recupera documentos con los términos: gato, gata, GATT, GATB, etc.

() Parénteses: utilízanse para delimitar o uso de varios operadores cando se empregan xuntos na ecuación de busca. Nota: O uso dos parénteses require que se abran e pechen correctamente.

Exemplo: (Brasil OR Portugal) AND Historia   Recupera documentos sobre a historia de Brasil ou Portugal.

" " Dobres comiñas: úsanse para buscar as palabras (e as súas derivadas) que se introducen dentro delas, exactamente na orde na que aparecen. Nota: O uso das comiñas precisa que se abran e pechen adecuadamente.

Exemplo: "matemática analítica"  Recupera documentos que conteñan ambos termos (matemática e analítica, seguidos) ademáis das súas diversas variantes - tamén seguidas - como, por exemplo, "matemático analítico", "matemáticos analíticos", etc.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons