Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Dialnet: Páxina institucional

Colaboradores


Dialnet ofrece ás institucións colaboradoras a posibilidade de crear unha páxina de información propia dentro da plataforma. Nesta páxina móstrase toda a información existente en Dialnet que está relacionada coa institución:

  • Directorio dos seus autores 
  • Últimas novidades das súas publicacións 
  • Obras editadas polo seu Servizo de Publicacións
  • Teses de doutoramento lídas na universidade
  • Datos estatísticos sobre as autoridades de dita Institución referenciadas en Dialnet

Pódese acceder aos perfís das institucións colaboradoras premendo na opción "Colaboradores con páxina institucional" na pantalla principal de Dialnet.
 

 


Existen tres opcións que permiten atopar os/as autores/as afiliados á institución:

  • Buscar directamente polo seu nome
  • Seleccionar a materia, a área de coñecemento ou o departamento ao que pertencen
  • Buscador A-Z pola inicial do primeiro apelido



Amosa as últimas publicacións dos/as autores/as da institución, agrupadas por: artigos, libros, lecturas de teses e últimos/as autores/as vinculados/as a dita entidade.


Mostra a páxina do Servizo de Publicacións da Institución, onde aparece a listaxe das publicacións editadas e referenciadas en Dialnet. Ofrécese unha lista diferenciada por libros e por revistas.


Lista de teses lídas na institución, cunha caixa de busca que permite localizar as teses por algún dos campos da referencia bibliográfica (autor/a, título, etc.) ou por palabra clave.

A lista de teses pódese restrinxir por diferentes filtros, así como ordenar por Relevancia, Novidades en Dialnet ou Ano de publicación.


Mostra as edicións de Congresos organizadas pola Institución. Ao igual que coas teses, ofrécense diversas funcionalidades:

  • Busca por palabra clave
  • Filtros para limitar os resultados
  • Ordenación de resultados segundo diversos criterios
  • Número de referencias que se amosan en cada páxina


Estatísticas sobre os/as autores/as da Institución presentes en Dialnet: 

  • Número de autores/as identificados/as en Dialnet 
  • A súa distribución nas diferentes áreas de coñecemento
  • Número de autores/as por departamentos

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons