Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Dialnet: Resultados


Os resultados de cada busca amosaranse ordenados por relevancia, pero tamén se poden ordenar por novidades en Dialnet ou ano de publicación (no caso das revistas, os criterios de ordenación son: relevancia, título e usuarios subscritos). Do mesmo xeito, pódese elixir que a páxina mostre 10, 20 ou 50 resultados.
 


Cando nos criterios da busca non se especifica o tipo de documento, para diferenciar a súa natureza, o sistema incorpora unha serie de símbolos a carón do título:

En cada referencia pódese atopar a seguinte información:

  • Título: título e subtítulo do documento.
  • Autor: amosa os/as autores/as do documento. Premendo no nome de cada un, enlázase coa páxina do/a autor/a en Dialnet. A icona verde indica a árbore académica, onde se mostran as teses dirixidas ou a participación nos tribunais de defensa das mesmas.
  • Fonte: Indica todos os datos correspondentes á publicación do documento.
  • Outras ligazóns: amosa diferentes tipos de ligazóns, dependendo da información de que dispoña o sistema:
    • Resumo: abre unha pantalla co resumo naqueles idiomas nos que se dispoña.
    • Texto completo: abre un arquivo co texto completo do documento se está dispoñible.
    • Petición de artigo: ábrese unha caixa para solicitar o documento por préstamo interbibliotecario (cúbrense automaticamente os datos do rexistro no formulario de petición).

Premendo no título accédese ao rexistro completo do documento:


Na páxina de resultados, na parte esquerda da pantalla, o sistema ofrece unha serie de filtros adicionais que permiten restrinxir a busca e refinar aínda máis os resultados obtidos.

Dependendo da tipoloxía documental, o número e categoría destes filtros pode variar. Para unha busca xeral por documento, ofrécense os seguintes filtros:

  • Tipo de documento: categoría documental dispoñible en Dialnet: artigo de revista, libro, capítulo de libro e tese.
  • Texto completo: para limitar polos documentos que ofrezan esta opción.
  • Materias e submaterias: segundo as grandes categorías temáticas establecidas por Dialnet.
  • Rango de anos dos documentos
  • Editores
  • Idiomas
  • Descritores: termos polos que están indexados os resultados da busca.
  • Actas de congresos: permite limitar polos documentos que son actas de congresos.
  • País de publicación

Cada un dos filtros vén acompañado dun número, entre parénteses, que indica o número de documentos vinculados a cada categoría.


A selección de documentos só está dispoñible en Dialnet Plus. Tanto a selección como a exportación poden levarse a cabo coa sesión iniciada ou sen iniciar.

Tras realizar unha busca, na parte esquerda de cada referencia aparece un recadro que se debe marcar para seleccionar o documento. A selección é automática, nada máis marcar unha referencia queda resaltada en cor verde. Pódense seleccionar referencias de diferentes páxinas.



 

Para consultar as referencias seleccionadas hai que acceder á sección "Selección" do menú de usuario (parte dereita da pantalla). Neste apartado visualízase a relación de referencias seleccionadas e pódese traballar cos resultados exportándoos en diferentes formatos bibliográficos ou por correo electrónico (esta última opción só está dispoñible se se inicia sesión na plataforma).


É importante ter en conta que a lista de documentos seleccionados pérdese cando se sal de Dialnet.


Dialnet Plus permite gardar ata un máximo de 20 buscas. Esta opción serve para gardar as ecuacións de busca realizadas, tanto para recibir alertas informativas de As miñas buscas como para almacenar esta información no sistema e poder executar a busca de novo no momento que se desexe. O/a usuario/a recibirá unha alerta cada vez que se incorporen novos documentos a Dialnet que respondan aos criterios da busca gardada.

Como guardar unha busca?

Tras realizar unha busca, Dialnet amosa a pantalla de resultados, na que se indica a estratexia / ecuación de busca utilizada. Desde a parte inferior dereita da pantalla poderase gardar esta estratexia. Para gardar unha busca é necesario iniciar sesión previamente.
 


 


Ao premer na ligazón "Gardar busca", Dialnet solicitará o nome da busca que se quere gardar e a frecuencia coa que se queren recibir os correos de alta da mesma: diaria, semanal, mensual ou desactivada.

 

Xestionar as buscas gardadas

Desde o menú de usuario pódese acceder ás buscas gardadas premendo en "As miñas buscas", desde onde se pode:

  • Ver o número de buscas gardadas e as que quedan libres para crear outras novas.
  • Ver a estratexia das buscas gardadas.
  • Executar as buscas de novo, premendo na liña correspondiente.
  • Frecuencia das buscas. 
  • Eliminar a busca; premendo na ligazón eliminar.


Dialnet Plus permite crear listas de referencias para compartir con outros/as usuarios/as que se denominan "As miñas Referencias". Para realizar esta operación é necesario iniciar sesión previamente.


Crear unha nova lista de referencias 

Antes de engadir referencias bibliográficas a "As miñas Referencias" hai que crear previamente unha lista de referencias. Esta operación pode realizarse desde As miñas referencias > Crear listaxe de referencias ou directamente desde a páxina de Selección > Engadir a referencias.                 

En ambos casos mostrarase un formulario cos seguintes campos:  

  • Título corto (obrigatorio)
  • Título largo (obrigatorio)
  • Descrición da listaxe
  • Visibilidade da listaxe
  • Visibilidade do/a creador/a da listaxe

 



 

No apartado Visibilidade, por defecto o sistema sempre proporciona a opción visibilidade privada; con todo, pódese modificar e seleccionar que sexa visible para persoas usuarias vinculadas á institución, usuarios/as rexistrados/as ou todas as persoas usuarias.

Tras encher os datos, prémese en crear e automaticamente o sistema mostrará a lista de referencias creada. Pódense crear ata 5 "listaxes de referencias" distintas. 

 

 




Engadir rexistros a "As miñas Referencias"

Tras realizar unha busca e seleccionar os documentos, prémese na opción Engadir a referencias (tamén se pode facer desde Selección despois de seleccionar os documentos). Escóllese a lista de referencias de destino e prémese en Engadir.

 


 

Editar e compartir listas de referencias

Desde As Miñas referencias accédese ás listas creadas, as cales pódense editar, eliminar e realizar unha vista previa do seu contido. Desde aquí tamén se poden compartir as listas, por correo electrónico ou enviándoas á conta de Facebook ou Twitter da persoa que se desexe.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons