Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Dialnet: Rexistro en detalle


A pantalla de visualización dos artigos ofrece, de estar dispoñible, a seguinte información:

  • Título
  • Autores/as
  • Referencia bibliográfica da revista
  • Idioma
  • Acceso ao texto completo
  • Texto, accesos (SFX): resolvedor de ligazóns da UDC para consultar se a revista está no catálogo da biblioteca universitaria
  • Acceso a Dialnet métricas e número de citas recibidas
  • Resumo


A pantalla de visualización dos libros ofrece, de estar dispoñible, a seguinte información:

  • Título
  • Imaxe da portada
  • Datos bibliográficos
  • Resumo
  • Busca do libro en REBIUN
  • Texto, accesos (SFX): resolvedor de ligazóns da UDC para consultar se o libro está no catálogo da biblioteca universitaria
  • Acceso ao portal de Dialnet métricas e número de citas recibidas
  • Índice de capítulos do libro
     


A pantalla de visualización dos capítulos de libros ofrece, de estar dispoñible, a seguinte información:

  • Título
  • Datos bibliográficos
  • Idioma
  • Texto completo
  • Texto, accesos (SFX): resolvedor de ligazóns da UDC para consultar se o libro está no catálogo da biblioteca universitaria.
  • Resumo


A pantalla de visualización dunha revista ofrece, de estar dispoñible, a seguinte información:

  • Título
  • Portada e datos básicos de publicación: ISSN, inicio da publicación, periodicidade, país, idioma, sistema de arbitraxe, etc.
  • Outras ligazóns de interese: páxina web da revista, normas de publicación (xanela informativa coas normas de publicación para os/as autores/as), índices de autores, información sobre se a revista está aloxada en Dialnet (eRevista) ou en Latindex,
  • Editores da revista
  • Índices de materias en Dialnet
  • Índice de impacto en Dialnet Métricas e CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas)
  • Busca da revista no catálogo colectivo Rebiun
  • Bibliotecas onde se pode consultar a revista 
  • Sumarios da revista e dispoñibilidade : na parte central da páxina da revista, atópanse as táboas de contido da revista, por ano e/ou volume, e número. Pódense dar distintas opcións en relación coa súa dispoñibilidade:
    • Exemplares non sombreados: non accesibles a texto completo.
    • Exemplares sombreados: texto completo dispoñible:
      • en gris, ligados a unha páxina externa onde está dispoñible o texto completo
      • en amarelo, os arquivos dos artigos a texto completo están aloxados en Dialnet
         


A pantalla de visualización das teses ofrece, de estar dispoñible, a seguinte información:

  • Título
  • Autores/as
  • Directores/as da tese
  • Lugar e data de lectura
  • Idioma
  • ISBN, se está publicada
  • Materias coas que foi indexada a tese de doutornamento en Dialnet
  • Ligazón ao repositorio ou sistema que dea acceso ao texto completo
  • Resumo da tese, nos idiomas nos que estea dispoñible
     


A pantalla de visualización de congresos ofrece, de estar dispoñible, a seguinte información:

  • Nome do congreso
  • Lugar e data de celebración
  • Número de edición do congreso
  • Acceso á páxina principal do congreso en Dialnet, onde se amosan cada unha das edicións celebradas e publicacións editadas
  • Actas da edición do congreso que se está visualizando


Se se preme nos nomes dos/as autores/as no rexistro de calquera documento atopado en Dialnet ou se se executa unha busca directamente por Autor, accédese ao seu rexistro na plataforma, con toda a información dispoñible en Dialnet:

  • Nome completo do/a autor/a
  • Universidade ou institución na que presta os seus servizos, e área de coñecemento 
  • Ligazóns a páxinas web propias ou outras bases de datos ou catálogos nos que aparece e recollen a súa produción científica
  • Ligazón a outros perfís de identificación
  • Período de publicación recollido en Dialnet
  • Nube de coautorías: amosaranse os nomes de todas as persoas coas que colaborou, segundo os datos recompilados nesta plataforma (o tamaño da fonte do nome aumentará en relación co nivel de colaboración entre ambos)
  • Árbol académico: dispoñible unicamente para aqueles/as autores/as con teses de doutoramento recollidas en Dialnet (os seus nomes sempre aparecerán acompañados da icona dun diagrama de árbore, en cor verde)
  • Acceso a Dialnet Métricas e número de citas recibidas.
  • Toda a produción bibliográfica, agrupada por tipo de documento


Dialnet crea perfís de autor/a a medida que indexa publicacións na plataforma. Para coñecer o identificador dun perfil ou Dialnet Id, hai que fixarse no final da URL do mesmo, en concreto na numeración que aparece tras "codigo=".

  • Exemplo: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=123456

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons