Skip to Main Content

ORCID: Presentación

Que é ORCID

ORCID (Open Research & Contributor ID) é un servizo gratuito que proporciona un identificador dixital único para os autores do ámbito científico e académico. Ter un número ORCID é a vía óptima para identificarse como autor e atribuirse correctamente todas as publicacións propias. 

Aspira a ser o rexistro mundial de autores,  ós que identifica e vincula coas súas constribucións e filiacións ó longo do tempo, disciplinas e fronteiras.

Ademais, permite enlazar con outros perfís personais como ResearcherID, Scopus Author ID e Google Schoolar Citations. Este identificador está aceptado por organizacións e editores científicos.

Identificador ORCID para autores da UDC

A Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia, coñecedora da necesidade dos autores para identificarse de forma inequívoca e sinxela nos artigos, libros, traballos docentes, comunicacións a congresos, solicitudes de bolsas e axudas, convocatorias de méritos, etc., desexa promover que todos os investigadores da UDC teñan o seu identificador ORCID.

Esta Vicerreitoría conta coa colaboración da Biblioteca Universitaria para apoiar ao PDI no proceso de creación e xestión do identificador ORCID, polo que poden dirixirse á biblioteca do seu centro.  

 

Vantaxes para o autor

  • Ter un número  ORCID é a vía óptima para identificarse univocamente como  autor, e atribuírselle correctamente todas as súas publicacións.
  • Mantense o mesmo identificador aínda no caso de que cambie a súa filiación institucional.
  • As axencias financeiras nacionais e internacionais piden ao investigador que nas solicitudes incorpore o seu identificador ORCID.
  • As editoriais máis importantes tamén solicitan aos autores que asinen co seu ORCID os envíos de artigos

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons