Skip to Main Content

ORCID: Privacidade

Control da privacidade

 

A privacidade é un principio fundamental de ORCID. O investigador controla o nivel de privacidade dos datos no seu rexistro:

  1. Público
  2. Limitado
  3. Privado

Todos

Pódelo ver quen consulte o sitio web ORCID.org ou quen use a API pública de ORCID.

Inclúese no ficheiro de datos publicado anualmente por ORCID.

Organizacións e  persoas de confianza

Pódelo ver calquera persoa ou organización que fose previamente autorizada a conectarse co rexistro ORCID.


Só eu

Só o investigador terá acceso á información.

Configuración da privacidade


O investigador pode definir por defecto a privacidade global no apartado Preferencias de privacidad, dentro do menú Configuración de la cuenta:

Tamén pode en cada campo do rexistro ORCID establecer quen pode ver a información premendo nunha icona de privacidade.

Para previsualizar como verán outros usuarios o perfil, hai que facer clic en Ver versión pública:

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons