O Portal da Investigación da Universidade da Coruña, administrado pola Biblioteca Universitaria, reúne a produción científica da institución, aportando visibilidade e transparencia á actividade investigadora e ofrece ferramentas de análise da mesma para mellorar a súa presenza e impacto.
Recopila datos de persoal e grupos de investigación procedentes de bases de datos propias da Universidade e, de forma automática, datos bibliográficos e de patentes doutras bases externas: Web of Science, Scopus, Dialnet e Invenes.
Non hai sincronización automática entre o Portal e as distintas bases de datos da Universidade. Polo tanto, a incorporación e actualización de datos faise mediante ficheiros con datos de bases de datos da UDC (Servizo de Investigación, OTRI, Servizo do PDI). O persoal investigador recollido é o que ten unha relación contractual coa UDC e figura na base de datos de xestión de PDI. Os grupos de investigación son os recollidos no Portal de investigación e os proxectos son os recollidos nas oficinas da OTRI e do Servizo de Investigación.
A identificación no Portal faise a través do correo electrónico @udc (non se poden usar os alias) e RedIRIS. É preciso estar identificado para editar os datos persoais, descargar informes e consultar os indicadores bibliométricos.
Este proxecto nace da colaboración entre o Servizo de Biblioteca, o Servizo de Informática e Comunicacións e o Servizo de Investigación da UDC e conta cunha axuda María e Guzman da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es