Ir ao contido principal

Portal da Investigación da UDC

FAQs

O Portal reúne a produción científica da institución, contribuíndo así á visibilidade e transparencia da actividade investigadora. Ademais, ofrece indicadores bibliométricos individuais e institucionais.

O Portal aliméntase coas publicacións existentes nas bases de datos Dialnet, Scopus, Web of Science (WoS), Invenes e DataCite.

Artigo de revista, libro, capítulo de libro, reseña, aportación de congreso, tese, editorial, errata, carta, nota, revisión, estudo breve, artigo de datos, documento de traballo, informe (report), exemplar de revista, entrada a diccionario, póster de congreso, composición musical, estudio clínico, material cartográfico, nota xurisprudencia, notación musical, obra artística e plan de xestión de datos.

Si. A información de Dialnet actualízase cada 24/48 horas e a de Scopus e a de WoS pode tardar unha ou dúas semanas.

Actualmente no Portal recóllese a totalidade do persoal docente e investigador da UDC.

O Portal actualízase periodicamente a partir da información recollida nas bases de datos da UDC. Para calquera dúbida neste tema, escriba á dirección de correo electrónico catalogo@udc.gal

Preme na opción Identifícate que se atopa na parte superior dereita do Portal. Despois selecciona Universidade da Coruña na RedIRIS e introduce as credenciais da UDC.

Poderás editar o teu perfil e facer estes cambios:

  • Engadir/cambiar a foto.
  • Engadir/cambiar unha url persoal.
  • Engadir identificadores de autor/a.
  • Engadir unha presentación persoal
  • Engadir/cambiar palabras chave que definan a súa investigación.
  • Engadir novas publicacións no seu perfil.

 

Dentro do apartado Informes do teu perfil poderás exportar o teu CVN, o informe de impacto normalizado a partir dos teus datos presentes en Scopus e descargar as túas publicacións en distintos formatos.

Desde a opción Editar do teu perfil podes solicitar a incorporación de novas publicacións. Tes que ir a Nova publicación e introducir o DOI ou URL para que se descarguen os datos bibliográficos. Se non ten DOI ou URL, terás que completalos manualmente. O Servizo de Biblioteca validará a túa solicitude para que se incorpore ao Portal.

Enche o Formulario e selecciona a opción: "Teño erros nalgunha publicación".

Hai que subsanar os erros nas fontes de onde proceden as publicacións. Isto pode demorar ata un mes no caso de Scopus e unha semana no caso de Dialnet.

 

Enche o Formulario e selecciona a opción: "Non son autora ou autor dunha publicación".

Enche o Formulario e selecciona a opción: "Teño publicacións duplicadas".

Enche o Formulario e selecciona a opción: "Fáltanme datos nunha publicación".

  • Journal Citation Reports (JCR)
  • Clasificación Integrada de revistas Científicas (CIRC)
  • Indice Dialnet de Revistas (IDR)
  • SCImago Journal Rank (SJR).
  • Citas recibidas en Google Scholar
  • Citas recibidas en Dialnet Métricas
  • Citas recibidas en Scopus
  • CiteScore

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons