O apartado Grupos de investigación ofrece:
O apartado Detalle dos grupos de investigación identifica o grupo e as persoas membro deste. Recolle a data de constitución, a persoa responsable, o centro, departamento, correo electrónico e páxina web de investigadores e investigadoras. Estas pódense filtrar por nome e apelidos. Tamén se inclúe un apartado coas especialidades predominantes.
O apartado Publicacións organiza os traballos en artigos, libros, capítulos de libros, aportacións a congresos e outros. Pódense filtrar por "Acceso aberto".
As Colaboracións pódense ordenar alfabeticamente por nome ou por número de publicacións e pódense exportar.
O apartado Teses recolle as teses dirixidas polas persoas pertencentes ao grupo ordenadas por ano. Cada tese enlaza cos seus datos de identificación: dirección, universidade de defensa, data, tribunal, departamento e un resumo. A cita da tese pódese exportar en formato RIS e BibTex. E están enlazadas con Dialnet e co RUC.
As patentes (A1, B1, B2) impórtanse desde Invenes e aparecen ordenadas por ano. Tamén se inclúen algunhas internacionais.
Cada patente enlaza cos seus datos de identificación: inventores/as, universidade, resumo. Tamén se recollen enlazadas a súa localización en Invenes, a publicación principal, outras publicacións e a solicitude.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es