Os resultados da investigación aparecen clasificados en:
O apartado Publicacións amosa os traballos da Universidade. Organízanse por tipo de documento: artigos, libros, capítulos de libro, aportacións a congresos e outros. Pódense filtrar polos campos "Idioma" e "Acceso aberto" e pódense exportar.
Recóllense nun medidor radial, nun gráfico de barras e nunha táboa onde os datos se poden ordenar por: "Ano", "Artigos", "Libro", "Capítulos de libro", "Aportacións de congreso", "Outros", "Total".
O apartado Acceso abierto recolle as teses e as publicacións publicadas por toda a Universidade en acceso aberto. Como coas publicacións en xeral, utilízanse medidores radiais, un gráfico de barras e unha táboa onde se recolle a información nos seguintes campos: "Ano", "Teses", "Publicacións", "Total".
As teses divídense en dous apartados: teses defendidas e tesis dirixidas. As teses defendidas organízanse por departamento e por ano.
As teses por cada departamento recóllense cronolóxicamente.
O gráfico de barras coas teses dirixidas por ano permite ver o número de teses que cada ano se publican nesta Universidade. Pódense filtrar por "Acceso aberto".
"Tesis tuteladas" clasifica por xénero ao personal investigador que dirixiu as teses.
A colaboración da Universidade da Coruña é moi visual: un mapamundi recolle as colaboracións por países. E unha táboa permite ordenar os datos por "Nome", "Tipo", "Cidade", "Provincia", "País".
As patentes da Universidade da Coruña recóllense de dúas maneiras:
Unha gráfica temporal recolle as patentes nas que participa a Universidade.
As patentes nas que participan investigadores ou investigadoras do Portal tamén se reflicten nunha gráfica temporal:
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es