Os recursos educativos abertos (REA) ofrecen acceso igualitario aos recursos de aprendizaxe sen custo para os estudantes. Este kit proporciona información e ferramentas para axudar o profesorado, e tamén o persoal de bibliotecas, a entender que son os REA e como crealos, usalos, reutilizalos e compartilos.
Este recurso ten a mesma licenza do recurso orixinal: Creative Commons Attribution-NonCommercial 4.0 International License .
Nota: a maioría das iconas están dispoñibles a través de The Noun Project. Se che interesa utilizar algunha das íconas, busca a información de atribución da icona no documento Icon Information. Calquera icona non incluída neste documento non está dispoñible para a súa reutilización. As imaxes e vídeos compartidos neste kit teñen a súa correspondente citación e información da súa licenza de uso.
Este recurso é unha tradución e adaptación, elaborada pola acción 6 do GT Repositorios de REBIUN (Red Española de Bibliotecas Universitarias) segundo o orixinal OER Toolkit, da Colleges Libraries Ontario (CLO), Ontario Colleges Library Service (OCLS) e o Institute for the Study of Knowledge Management in Education (ISKME)*.
A acción 6 de Recursos Educativos Abertos está coordinada por Gema Santos-Hermosa (UOC) e integrada polos seguintes profesionais: Aida Camps (UOC), Almudena Caballos (UCM), Eva Estupinyà (UdL), Tránsito Ferreras (USAL); Javier Hernandez (UPV, D.E.P), Brigit Nonó (UdG),Lidón París (UJI), Sónia Santiago (USAL),Jordi Prats (UPC) y José Vidal (UPCT). Esta acción forma parte do grupo de traballo de Repositorios de REBIUN, coordinado por Ciro Llueca (UOC) .
In memoriam. Ao noso estimado compañeiro Javier Hernández San Miguel.
*A tradución ao galego efectuouse na Sección de Información e Referencia da Biblioteca Universitaria da Universidade da Coruña.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es