Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recursos Educativos Abertos: Sobre REA

Sobre os REA

Sobre os Recursos Educativos Abertos (REA)

Oíches falar dos Recursos Educativos Abertos (REA) e queres saber máis? Neste apartado preséntase unha descrición xeral do que son, por que son importantes para a educación superior e como iniciarte cos REA.

 

REA

Que son os Recursos Educativos Abertos (REA)?

Os Recursos Educativos Abertos ou Recursos Educativos en Aberto (abreviado REA) fan referencia a calquera material de aprendizaxe ou de ensino que se encontra en dominio público ou que se creou baixo unha licenza aberta como as Licenzas Creative Commons ou a Licenza Pública Xeral GNU e que permite o acceso sen custo, o uso, a adaptación e distribución sen ningunha restrición ou con restricións limitadas

Os REA poden ser cursos completos, obxectos de aprendizaxe, exercicios ou outras ferramentas, materiais ou técnicas para ensinar, aprender ou investigar.

Material de clase

Libros en aberto

Vídeos

Unidade didáctica

Software

Xogos

Atribución:

As imaxes asociadas extraéronse do póster BCOER de BCcampus, baixo licenza CC BY 4.0

Definición de REA da  UNESCO e de The William and Flora Hewlett Foundation

REA nas universidades españolas

Presentamos a distribución dos recursos educativos abertos nas universidades españolas, segundo os resultados da enquisa realizada por REBIUN en 2018.

Para máis información, consulta o informe completo aqui.

Atribución:

A imaxe asociada foi extraída do informe Recursos educativos abiertos: Estado de la cuestión (REBIUN Línea 3. Grupo de Repositorios. Acción 6), con licencia CC-BY

A 5 R. Os dereitos dos REA

As 5 R son un marco de reutilización que permite aos docentes especificar os dereitos de uso asociados co contido aberto. Estes dereitos inclúen as seguintes posibilidades:

  • Reter: facer e conservar copias do traballo (descargar, duplicar, almacenar e xestionar)
  • Reusar: usar o traballo de diversas maneiras (en clase, en grupos de estudo, nunha páxina web, nun vídeo)
  • Revisar: adaptar, axustar, modificar ou alterar o contido en si mesmo (traducíndoo a outro idioma)
  • Mesturar (combinar): fusionar varios traballos, con contido aberto, para obter un novo (por exemplo, unha mestura musical)
  • Redistribuír: compartir copias do traballo orixinal, as súas revisións e mesturas con outros (dar unha copia a un amigo)

Estes dereitos, ou permisos, son posibles a través da aplicación de licenzas abertas. Por exemplo, as licenzas Creative Commons axudan os creadores de REA a conservar o copyright mentres que ceden algúns usos do seu traballo para permitir que outros poidan reproducilo, distribuílo, etc.

Atribución:

As 5 R dos REA atribúense a 5 Rs of Openesss by David Wiley e o seu blog Open Content, baixo licenza CC BY 4.0

Que non son REA?

A continuación, descríbense catro categorías de recursos que se considera que quedan fóra da definición do que, realmente, é un REA. Por suposto, a mellor combinación de materiais que cumplan os obxectivos educativos variará e pode consistir nunha mestura de REA e outros recursos que se encontran dentro desas catro categorías. A clave está en saber que recursos son os máis adecuados para conseguir tanto os obxectivos de docencia coma os do estudiante.

O obxectivo de calquera REA é cumplir as 5 R. Algúns autores argumentan que un recurso educativo non será REA a menos que a licenza permita adaptacións.

A imaxe inferior Licencias Creative Commons mostra as 6 combinacións posibles das licenzas CC de máis a menos aberta. Os recursos con licenzas que non permiten a obra derivada (ND) son os que non serían considerados como REA.

Imagen de las seis combinaciones de licencias Creative Commons. De menos a mas restrictiva. 1. CC BY, 2. CC BY SA, 3. CC BY NC, 4. CC BY NC SA, 5. BB BY ND (not open), 6. CC BY NC ND

Atribución:

A imaxe dos seis tipos de Licenzas Creative Commons é unha obra derivada de Keynote Slides (November 2014) , de Cable Green, baixo licenza CC BY 4.0 .

 

Calquera recurso dispoñible en internet ao que se ten acceso, pero que non está en dominio público ou ben non ten unha licenza Creative Commons, no é un REA.

Os recursos subscritos pola biblioteca (revistas, vídeos, bases de datos e outros materiais), accesibles para estudantes e profesores, tampouco son REA. A licenza de uso deste tipo de recursos está suxeita a restricións.


Recursos Abertos vs Recursos Gratuítos

Recursos Custo para o estudante Permiso/licenza
REA Gratuíto Aberto
Recursos da biblioteca Gratuíto Restrinxido

Atribución:

Imaxe e texto derivados de Finding and Adopting OER , de Heather Blicher, baixo licenza CC BY 4.0

O acceso aberto é un concepto global, que está relacionado co dos Recurso Educativos en Aberto, pero que é distinto. Acceso aberto refírese tipicamente a publicacións de investigación que se difunden baixo algún tipo que licenza aberta que permite o libre acceso e uso. (Definición da Unesco en Guía básica de recursos educativos abiertos (REA), 2015).

As publicacións en acceso aberto normalmente non permiten a adaptación ou mestura. Mentres que os artigos en aberto son accesibles gratuítamente, os autores conservan o copyright e/ou ceden algúns dereitos aos editores ou usuarios, de maneira que se pode necesitar un permiso para copiar ou adaptar.

Máis información sobre acceso aberto:


 

 

Por que os REA son importantes?

Beneficios para os profesores:

  • Incrementa a retentiva diminuíndo os custos
  • Asegura a libertade académica para modificar ou engadir contido conforme ás necesidades
  • Amplía o perfil académico
  • Proporciona materiais máis atractivos e relevantes aos estudantes

Beneficios para os estudantes:

  • Materiais gratis ou de baixo custo
  • Fácil de encontrar e acceder (incluso antes de que empece o curso)
  • Materiais persoalizados e máis relevantes

 

Atribución:

"Beneficios para os estudantes" é unha adaptación do póster “BCOER” de BCcampus,baixo licenza CC BY 4.0


Para saber máis sobre os beneficios para o ensino e a aprendizaxe:

A Review of the Effectiveness & Perceptions of OER transcripción del vídeo

Beneficios para as bibliotecas:

  • Apoia o rol bibliotecario de prover os estudantes con materiais máis atractivos e relevantes
  • Permite que o persoal da biblioteca acúe como colaborador no deseño docente, a través da súa experiencia na busca de materiais de calidade e do seu coñecemento sobre as posibilidades das licenzas abertas
  • Amplía a función de curación de contidos da biblioteca e o desenvolvemento das súas competencias en xestión da información
  • Proporciona mecanismos para reducir a fenda entre a tarefas tradicionais das bibliotecas e os beneficios da tecnoloxía actual.

Máis acerca dos beneficios para bibliotecas:

Open Education Resources: The New Paradigm in Academic Libraries

Artigo sobre como os esforzos no desenvolvemento de coleccións de REA nas bibliotecas poden axudar os campus das súas universidades a reducir custos e dar un mellor servizo ás súas comunidades.

 
La educación abierta en Europa: avances, integración con la ciencia abierta y rol bibliotecario

Artigo sobre o estado actual da educación aberta en Europa, as accións e políticas que impulsa a Comisión Europea e a oportunidade que teñen as bibliotecas académicas, como colaboradoras do profesorado, na integración dos REA na docencia.

Open Education in European Libraries of Higher Education

Informe de SPARC -Europe (2020) sobre o panorama da educación aberta e os REA nas bibliotecas universitarias europeas.

 

Outros recursos de interese

Guía rápida sobre REA

Guía rápida para profesores

Para o profesorado, a creación de REA ás veces radica na necesidade de encher baleiros de contido, identificar mellores recursos ou adaptalos a un determinado contexto ou curso. A continuación, detállase o proceso típico de creación de REA a través dunha serie de pasos (considerados coma un punto de partida).

Atribución:

O contido nesta guía está baseado no OER Handbook for Educators, de WikiEducator, baixo licenza CC BY 4.0

Guía rápida para bilbliotecas

A continuación, se muestra una guía rápida de actividades y competencias que las bibliotecas pueden considerar a la hora de empezar a crear sus REA; con las salvedad de que algunas bibliotecas no dispongan de los medios suficientes para mantener cada una de ellas.

Coñece os REA

Os REA en 5 minutos

Consulta esta infografía elaborada por CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en sistemas no propietarios), que resume visualmente os aspectos principais dos REA, con licenza CC-BY-SA

 

Bótalle unha ollada a este caso real dos REA nas universidades españolas (póster presentado por REBIUN en EDICIC 2019), para coñecer que tipos de REA se publican, onde, baixo que licenzas de uso e se existen políticas e incentivos para o seu impulso nas institucións.

  

Finalmente, visualiza este vídeo sobre como os REA están creando un novo sistema educativo, mediante o acceso equitativo ao coñecemento  e con estudantes de todo o mundo. Podes descargar a transcrición premendo aquí. Video de  intheacademia, baixo licenza CC BY 3.0
 


 

code hidden box

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons