Ir ao contido principal

RUC. Repositorio Institucional da UDC

Recomendacións

  • Elixa publicar en revistas de Acceso Aberto ou que teñan unha política editorial que favoreza o depósito en aberto das publicacións.
  • Controle os dereitos de autor e non ceda en exclusiva os dereitos de explotación ao editor. Use addendas nos contratos de editor ou licenzas non exclusivas.
  • Deposite as publicacións no RUC tan pronto como sexa posible para conseguir máis visibilidade.
  • Suba as publicacións de inmediato, aínda que o editor che obrigue a un tempo de embargo: considere o RUC como o arquivo seguro da versión autorizada para o depósito, xeralmente o post-print de autor.
  • Se o documento que deposita no RUC non se vai publicar, é aconsellable aplicarlle unha licenza Creative Commons.
  • As teses de doutoramento da UDC estarán en acceso aberto en RUC,
  • Visite a Biblioteca para solicitar información sobre todas estas cuestións e axuda no proceso de depósito. 

Preguntas frecuentes

Quen pode depositar documentos en RUC?
Todo o persoal  docente e investigador sempre que se trate de documentos orixinais do autor e produto da investigación ou docencia

Que tipo de documentos se pode depositar?
En principio admitense todo tipo de documentos, en todo tipo de formatos dixitais que recoñeza o sistema, recomendamos facer uso de formatos dixitais de uso habitual e con estándares abertos xa que facilitan a difusión e preservación.

Como podo depositar?
Unha vez dado de alta no sistema e autorizado a depositar  pode consultar o tutorial de autoarquivo.

Como solicito autorización para depositar?
Contacte conosco en ruc@udc.es e indique a comunidade na que quere depositar. 

Que é unha comunidade?
É un grupo, departamento ou centro con existencia administrativa e que perdura no tempo. Dentro das comuidades pode haber subcomunidades e coleccións. As coleccións son agrupacións de documentos, normalmente do mesmo tipo (artigos, ponencias, etc)

Pódese delegar o depósito dos documentos?
Si, os autores da UDC poden solicitar que a biblioteca realice o depósito dos seus documentos. Para iso, deben dirixirse á biblioteca do seu centro e asinar unha autorización para que a propia biblioteca realice o depósito das publicacións que se queren difundir no RUC.

Podo usar Creative Commons como licenza dos meus traballos?
Sí, pode usar CC, e en caso de que precise unha licenza máis restrictiva pode facer uso da licenza por defecto de RUC.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons