Skip to Main Content

Semana Internacional do Acceso Aberto: 2021

O compromiso da BUDC co acceso aberto

Con motivo da Semana de Acceso Aberto, destacamos os proxectos máis importantes relacionados co Open Access levados a cabo no seo da Biblioteca da Universidade da Coruña (BUDC).

Dende hai anos, o acceso aberto foise implantando progresivamente na BUDC. Un dos fitos que marcou o compromiso institucional co acceso aberto foi a adhesión da Universidade da Coruña á Declaración de Berlín en xaneiro de 2006, por proposta da Comisión da Biblioteca Universitaria.

Ese mismo ano presentouse oficialmente o RUC, repositorio institucional da Universidade da Coruña. Foi o primeiro das universidades galegas e dos primeiros de España. Ao longo destes 15 anos o RUC consolidouse como unha porta aberta aos recursos producidos polos membros da universidade no seu labor de investigación e docencia, tendo como obxectivo dar maior visibilidade a estas publicacións e asegurar a súa preservación e accesibilidade. Actualmente conta con máis de 23.000 documentos. Destacamos que o RUC está incluído en tres grandes portais de repositorios de España e América Latina:

  • RECOLECTA, o recolector de Ciencia Aberta realizado en colaboración entre FECYT e REBIUN.
  • HISPANA, portal de acceso ao patrimonio dixital e agregador nacional de contidos a Europeana.
  • LA REFERENCIA, repositorio que dá visibilidade a produción científica das institucións de educación superior e de investigación de América Latina.

A Universidade da Coruña participa tamén no proxecto para financiar os cargos por publicación en acceso aberto do persoal investigador da institución, os coñecidos como Acordos transformativos. Entre finais do pasado ano e comenzos deste, chegouse a acordos con seis editoriais: ACS, Cambridge University Press, Elsevier,  Oxford University Press, Springer e  Wiley.

Outros recursos de interese sobre o acceso aberto:

A Red de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN), que cada ano promove a Semana Internacional de Acceso Aberto en España a través do seu Grupo de Traballo de Repositorios, recompila e difunde desde este portal as actividades organizadas polas universidades que forman parte da CRUE.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons