Antes de instalar Zotero debes saber:
- Zotero é software libre en acceso aberto (de balde)
- É compatible con Mac, Windows, Linux e iOS
- O software é moi lixeiro (49 MB)
- Se xa tes Zotero, non o reinstales, soamente debes actualizalo.
Descarga Zotero aquí.
Zotero identifica o teu sistema operativo: instala a versión de escritorio (esquerda) e o conector (dereita).
O conector instálase no teu navegador (compatible cos navegadores máis comúns).
Xa teño Zotero instalado. Como podo actualizalo?
Vai a Zotero (parte superior esquerda), preme en Axuda e, a continuación, en Comprobar actualizacións. Aparecerá unha mensaxe coa última actualización (preme en Instalar). Recomendamos buscar actualizacións periódicamente.