Ir ao contido principal

Zotero

Zotero é un xestor de referencias, que che permitirá crear citas e referencias en calquera estilo bibliográfico

Como agregar información a Zotero

Abre Zotero. Aparecen tres columnas vacías de contido.

Na primeira columna, podes organizara a túa información en cartafoles. Na segunda columna, aparecerán os teus rexistros. Na terceira columna, aparecerán os metadatos, imprescindibles para elaborar as citas e referencias.

 

Zotero é capaz de identificar información e de exportala automáticamente -individual ou por lotes-. Para isto, hai que premer no cartafol que está arriba á dereita. Se non aparece, pode ser porque non instalaches o conector Zotero ou porque non habilitaches o conector no Configuración de extensións no teu navegador.

Dentro do cartafol, elixe os ítems do teu interese e preme en OK. Tamén se poden exportar ítems desde cada artigo.

 

 

Zotero pode identificar información e exportala desde calquera sitio web -académico ou non-. A única particularidade é que nos sitios non académicos os metadatos soen ter erros. Eses erros pódense corrixir desde Zotero (a columna terceira é editable).

Zotero importa a información seleccionada, incluída o PDF (se está dispoñible).

 

 

Deste xeito, podes engadir información a Zotero (ítems), independentemente de que teñas acceso ao recurso (base de datos) ou non.

 

Para importar ficheiros, selecciona os rexistros e expórtaos nun arquivo en formato RIS ou BibTeX. Vai á versión local de Zotero. Preme en Arquivo e en Importar e escolle o arquivo. Xérase unha nova carpeta en Zotero desde a que podes gardar as túas referencias na carpeta que queiras.

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons