Tal e como di o Regulamento de organización e funcionamento do Servizo de Biblioteca da UDC, somos unha unidade da UDC que xestiona os recursos de información e damos soporte ao estudo, á docencia e á investigación. Adquirimos e organizamos o fondo bibliográfico e documental da Universidade e poñémolo a disposición de toda a comunidade universitaria e dos nosos usuarios e usuarias externos.
O noso persoal
Formularios:
Contacta coa biblioteca
Solicitude de compra
Petición dunha procura bibliográfica
Solicitar o carné de persoa usuaria externa
Préstamo interbibliotecario: acceso
A nosa páxina web.
As nosas noticias nas redes
e as noticias das nosas bibliotecas de centro.
O horario xeral do Servizo de Biblioteca é:
De 08.30 h a 21.30 h de luns a venres. Non está aberta os fines de semana nin os festivos.
HORARIO DE VERÁN: entre o 1 de xuño e o 30 de setembro as bibliotecas reducen o seu horario de atención ao público.
Para información máis detallada visita a nosa páxina web.
A nosa colección está composta por 878.093 libros, 240.000 ebooks e 53.070 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD, etc. Tamén temos 9.216 revistas en papel e 50.666 en formato dixital e damos acceso a 67 bases de datos que cubren todas as disciplinas científicas. Todo este material supón un orzamento anual de máis de dous millóns de euros.
Campus de Coruña
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es