Ir ao contido principal

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Características do A.T.

As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron un contrato coa Cambridge University Press (CUP), chamado "CUP Read & Publish", que dá acceso á lectura de todas as revistas da editorial e, ademais, permite aos/ás autores/as publicar en acceso aberto, tanto en revistas "híbridas" (combinan artigos baixo subscrición e de acceso aberto) coma "Gold OA" (non se paga subscrición por acceder).

 

Información do acordo na páxina do editor


Características do modelo "Read & Publish":

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC) para un número ilimitado de artigos por ano
  • Os cargos adicionais propios de cada revista como as taxas por exceso de páxinas e cor non están cubertos polo acordo e cobraranse aos/ás autores/as.
  • A data de aceptación do artigo debe ser anterior ao 31 de decembro de 2025.
  • Tipoloxía documental aceptada:
    • Artigos de investigación
    • Artigos de revisión, comunicacións breves, informes breves, reportes de caso
    • Comunicacións de congresos
  • Permítese a publicación nas revistas "Fully OA" e "Híbridas" da CUP.
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
    • CC-BY
    • CC-BY-NC-SA
    • CC-BY-NC-ND
  • É obrigatorio que o autor de correspondencia sexa membro da UDC e empregue o correo electrónico institucional.

Compromisos por parte dos/as autores/as:

  • Facer constar nas publicacións a súa filiación á UDC segundo a normativa oficial aprobada.
  • Incluir unha mención á financiación recibida. Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".

Listaxe de títulos:

Procedemento de solicitude

  • O/A autor/a de correspondencia coa editorial identificarase coa afiliación da UDC e empregará o correo institucional.
  • Aceptado o manuscrito trala revisión por pares, o/a autor/a recibirá da editorial un correo con instrucións relativas á publicación en Acceso aberto e as APC e licenzas correspondentes a través da ferramenta Rightslink (1). É necesario crear unha conta para seguir co proceso de publicación.
  • Na páxina de pago, Copyright Clearance Centre (CCC), hai que elixir a opción “Seek funding from your institution” e seleccionar a Universidade da Coruña.
  • Verá o desconto dispoñible. A continuación, prema en "Submit for approval" para enviar a solicitude.
  • Se a institución acepta a solicitude, o/a autor/a recibirá un correo da editorial aceptando o desconto.
  • Se o/a autor/a non elixe a opción de Acceso aberto, pero o sistema detecta que pertence á algunha das universidades do CISUG, recibirá un correo indicándolle que pode acollerse a esta opción e publicar retroactivamente o artigo en Acceso aberto.

Guía da CUP para pagar as APC

(1) Rightslink: plataforma onde se realiza o pago das APC para a publicación en acceso aberto. A súa nova ferramenta OA Agreement Manager facilita estas transaccións nos acordos R&P.

 

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

 

                                                   

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons