As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron en decembro de 2020 un contrato coa Oxford University Press (OUP) que dá acceso á lectura de todas as revistas con modelo de subscrición da editorial. Ademais, permite a publicación en Acceso aberto tanto nas revistas "híbridas" (combinan artigos baixo subscrición e en acceso aberto) coma "Gold OA" (non se paga subscrición por acceder).
Información do acordo na páxina do editor
Características do modelo:
Compromisos por parte dos/as autores/as:
Listaxe de títulos:
Actualmente, OUP está en proceso de cambio a un novo portal de licencias e pagos en línea (SciPris). Durante esta fase de transición, algúns autores poden ser guiados a través dun fluxo de traballo diferente. Neste caso, siga os pasos descritos nesta guía paso a paso.
Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es