
No mes de xuño de 2021 activouse o acordo asinado pola CRUE coa editorial Springer, que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) a publicación en acceso aberto en revistas híbridas de Springer&ADIS. O acordo finaliza o 31 de decembro de 2027.
Información do acordo na páxina do editor
Características do modelo:
- O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC). O número de publicacións aceptadas dependerá do fondo establecido para cada universidade.
- Os cargos adicionais propios de cada revista como as taxas por exceso de páxinas e cor non están cubertos polo acordo e cobraranse aos/ás autores/as.
- A data de aceptación do artigo debe ser anterior ao 31 de decembro de 2027.
- Tipoloxía documental aceptada:
- Artigos de investigación (OriginalPaper). Tamén se coñecen como Investigación orixinal (OriginalResearch) ou Artigo orixinal (OriginalArticle/Paper).
- Artigos de revisión (ReviewPaper).
NON están incluídos no acordo:
- Comunicacións breves (BreifCommunication).
- Formación continua (ContinuingEducation).
- Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
- É obrigatorio que o autor de correspondencia sexa membro da UDC e empregue o correo electrónico institucional.
Compromisos por parte dos/as autores/as:
- Facer constar nas publicacións a súa filiación á UDC segundo a normativa oficial aprobada.
- Incluir unha mención á financiación recibida. Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG". Actualmente, Springer engade de xeito automático o seguinte texto de agradecemento aos artigos: "Open Access funding provided thanks to the CRUE-CSIC agreement with Springer Nature".
Listaxe de títulos: