Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto: Springer

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Características do A.T.

 

No mes de xuño de 2021 activouse o acordo asinado pola CRUE coa editorial Springer, que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) a publicación en acceso aberto nas 2.020 revistas híbridas de Springer&ADIS. O acordo finaliza o 31 de decembro de 2024.

 

 

Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC). O número de publicacións aceptadas dependerá do fondo establecido para cada universidade. 
  • A data de aceptación do artigo debe ser posterior ao 15 de xuño de 2021.
  • Tipoloxía documental aceptada: 
    • Artigos de investigación (OriginalPaper): artigos que normalmente presentan resultados novos. Tamén se coñecen como Investigación orixinal (OriginalResearch) ou Artigo orixinal (OriginalArticle/Paper).

NON están incluídos no acordo:

  • Artigos de revisión (ReviewPaper): artigos que interpretan resultados publicados con anterioridade.
  • Comunicacións breves (BreifCommunication): artigos breves coa mesma estrutura que os artigos estándar pensados para a súa rápida publicación.
  • Formación continua (ContinuingEducation): artigos integrados na formación profesional, especialmente médica.
  • Lista de títulos elixibles 
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
    • CC-BY 
    • CC-BY-NC
  • É obrigatorio empregar o correo electrónico da UDC.


NOTA: Actualmente, Springer engade de xeito automático o seguinte texto de agradecemento aos artigos: "Open Access Funding Provided", polo que neste caso non é necesario poñer ningún texto máis.

Procedemento de solicitude

  • Tras ser aceptada a publicación, o/a autor/a de correspondencia recibirá un correo coa ligazón ao formulario "My Publication", que deberá ser cuberto o máis axiña posible.
  • Existen tres xeitos, por orde de preferencia, de que se recoñeza a elixibilidade no pago da APC:  
  1. Seleccionar a institución: hai que introducir o nome da institución de afiliación na caixa "Your University/Institution" e seleccionar a opción adecuada. E o medio máis sinxelo.
  2. Completar o formulario empregando o correo institucional, o que garantirá o recoñecemento automático como elixible.
  3. Por último, tamén se usa a localización, ao utilizar a rede insitucional cando se cubre o formulario.
  • Na primeira páxina do formulario hai que seleccionar a universidade/institución de afiliación.  
  • Se o/a autor/a é identificado/a como elixible, aparecerá unha mensaxe de benvida con máis información sobre o acordo Open Access.
  • Por defecto aparece marcada a opción Open Access, premendo na etiqueta "Yes, submit for approval" para continuar co proceso.
  • Cando a institución confirme a aprobación do artigo, a editorial comunicará cun correo electrónico a publicación sen cargos. 
  • No correo enviarase unha ligazón para seleccionar a licenza adecuada, que deberá ser lida e aceptada na plataforma. Tras completar o proceso, será posible descargar unha copia da licenza de publicación, a cal tamén se recibirá por correo electrónico.

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons