Os acordos transformativos asinados coas diversas editoriais que aparecen nesta infoguía conlevan, no ámbito da UDC, os seguintes requisitos e compromisos por parte dos/as autores/as das publicacións.
1. Requisitos para solicitar o pago das APC:
- Ser membro da UDC.
- Empregar o correo institucional da universidade:
- Ser autor/a de correspondencia da publicación obxecto de financiamento.
- Os documentos aceptados son aqueles recoñecibles como items citables polo JCR:
- artigos de investigación
- artigos de revisión
- actas de conferencias, en determinados casos
2. Compromisos por parte dos/as autores/as:
- As publicacións contarán cunha sinatura coa afiliación e correo electrónico da universidade, segundo a normativa oficial aprobada pola UDC.
- Incluirán unha mención á financiación recibida.
- Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".
- As publicacións depositaranse no repositorio institucional RUC.
3. Outras estipulacións
- Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
- En caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens ou o orzamento das APC dispoñibles.
- O Servizo de biblioteca confirmará a aceptación do cargo da APC. Neste sentido, enviará unha carta ás persoas interesadas se se acepta a súa solicitude.
Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.