Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acreditación e avaliación da actividade investigadora: Presentación

Sexenios, axencias de avaliación, criterios de avaliación, instrumentos de avaliación

Obxectivos desta guía

O obxectivo desta guía é orientar sobre os criterios establecidos polas axencias avaliadoras para a certificación e avaliación das actividades docentes, investigadoras e de xestión para o ingreso nos corpos docentes da  universidade e o recoñecemento dos complementos retributivos (sexenios). Contén ademáis:

  • Ferramentas para a avaliación das publicacións: artígos, libros, publicacións científicas, etc.
  • Principais indicadores de calidade: Factor de impacto, índice h, número de citas, etc.

Programas de avaliación do profesorado universitario

O Programa de Avaliación do Profesorado para a contratación (PEP) avalía as actividades docentes e investigadoras e a formación académica dos solicitantes para o acceso ás figuras de profesor universitario contratado (profesor contratado doutor, profesor axudante doutor e profesor de universidade privada) establecidas na LOMLOU.

Toda a información sobre as convocatorias e os requisitos dos solicitantes en ANECA - PEP

O Programa ACADEMIA está dirixido ao proceso de avaliación curricular para a obtención da acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios de Profesor Titular de Universidade e Catedrático de Universidade. Inclúe o procedemento para a exención do requisito de pertencer ao Corpo de Profesores Titulares da Universidade a que se refire o art. 60.1 da Ley Orgánica 6/2001, de 21 de decembro.

  • Toda a información sobre as convocatorias, a normativa, os criterios de avaliación, etc. pode consultalos na páxina da ANECA - ACADEMIA

CNEAI -Sexenios de investigación

Convocatoria de sexenios 2022:

Resolución do 21 de novembro de 2022, da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, pola que se publican os criterios específicos aprobados para cada un dos campos de avaliación no Boletín Oficial del Estado.

A convocatoria correspondente ao 2022 está recollida na Resolución de 23 de decembro do 2022, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se aproba a convocatoria de avaliación da actividade investigadora (BOE de 5 de xaniero de 2023)

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons