Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acreditación e avaliación da actividade investigadora: ACSUG

Sexenios, axencias de avaliación, criterios de avaliación, instrumentos de avaliación

ACSUG Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego

Obxectivos e criterios de avaliación

A ACSUG avalía a actividade investigadora, docente e de xestión do profesorado universitario, en distintas fases da súa carreira profesional:

  • Realízanse as avaliacións previas á contratación de profesorado, requisito imprescindible para acceder á universidade en distintas figuras contractuais. Actualmente a ACSUG leva a cabo as avaliacións para a contratación de profesorado contratado doutor, axudante doutor de universidades públicas e privadas.
  • En relación aos profesores que alcanzaron unha situación laboral estable, a ACSUG realiza a avaliación previa á asignación de catro incentivos retributivos: o complemento de labor docente, o complemento de labor investigador, o complemento de excelencia curricular docente e investigadora e o complemento por cargos de xestión universitaria.

En Convocatorias abertas encontrará información sobre os prazos de solicitude e os  criterios de avaliación.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons