Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acreditación e avaliación da actividade investigadora: Métricas alternativas

Sexenios, axencias de avaliación, criterios de avaliación, instrumentos de avaliación

Que son as métricas alternativas ou Altmétricas?

O termo Altmetrics emprégase para designar as métricas que se propoñen como alternativa aos indicadores de visibilidade tradicionais (que miden a repercusión de revistas científicas), como o factor de impacto. Supoñen unha forma alternativa de medir o impacto da investigación científica, baseada en novos indicadores que tratan de cuantificar a presenza e difusión da actividade académica na web social. As altmétricas non só cubren o número de citas; tamén recollen outros aspectos do impacto dun traballo, como cantos datos ou bases de coñecemento se refiren a el, visualizacións do artigo, descargas ou mencións en medios sociais ou en prensa.

Este termo propúxose en 2010 coma unha xeneralización das métricas usadas a nivel de artigo ( ALM ou Article- level metrics).

Estas novas métricas:

  • Non pretenden substituír, senón complementar, a metodoloxia de avaliación tradicional baseada no reconto de citas.J. Priem, D. Taraborelli, P. Groth, C. Neylon (2010), Altmetrics: A manifesto, 26 October 2010. http://altmetrics.org/manifesto
  • Teñen en conta non só as citas académicas realizadas en textos formais, senón tamén aquelas realizadas en medios informais e non académicos.
  • Poden aplicarse a artigos de revistas, libros/capítulos de libros, software, páxinas web, videos, etc.
  • Ofrecen datos de uso dos artigos en si mismos, non relativos ao medio onde se publican.
  • Baséanse na actividade en entornos web.
  • Xeran estatísticas das actividades e as interaccións entre usuarios nas redes sociais.
  • Permiten aos/as investigadores/as crear unha imaxe complementaria do alcance e impacto da súa investigación académica.

 

 

J. Priem, D. Taraborelli, P. Groth, C. Neylon (2010), Altmetrics:
A manifesto
, 26 October 2010. http://altmetrics.org/manifesto

Altmétricas


Vantaxes de utilizar Altmetricas

As Altmetricas teñen unha serie de vantaxes sobre as métricas baseadas en citas:

  • Son case instantáneas. Ao obterse directamente da web, permiten monitorear a información que proporcionan de maneira case inmediata. En moitos casos a actualización é diaria.
  • Dan a posibilidade de medir outros tipos de impactos, máis sociais talvez.
  • Son complementarias respecto das métricas baseadas en citas. Ofrecen unha visión máis ampla sobre o impacto dunha investigación.
  • Proporcionan métricas a nivel de artigo e non só da revista na que está publicado.
  • Dan información non exclusivamente sobre libros e artigos, tamén sobre outros tipos de contidos: data, software, etc. Así como outro tipo de formatos: blogs, etc.
  • Traballan con rexistros que ofrecen algún indicador ou url persistente, por exemplo DOI ou Handle.
  • Son reutilizables.



Desvantaxes ou limitacións:

  • Son complementarias, pero non unha substitución das métricas baseadas en citas.
  • Son tamén susceptibles de manipulación artificial. Un número alto de mencións non é necesariamente expresión de investigación "de calidade".
  • Aínda non están consolidadas, é preciso máis tiempo para ver a súa utilidade. Requiren unha interpretación coidadosa e aínda contan con falta de correlación, pois non é posible demostrar unha relación clara entre citas recibidas e altmétricas obtidas.

A base de datos Scopus inclúe métricas a nivel de artigo, que combinan as citas recibidas cun completo conxunto de altmétricas que ofrecece PlumX. [Ver máis sobre métricas a nivel de artigo en Scopus].

 

 Altmetric é provedor destas outras métricas e combina ferramentas de pago e gratuítas. Entre as segundas destaca o marcador altmetric ou altmetric para repositorios. [Ver máis sobre Altmetric].

 

ImpactStory é unha aplicación web que permite medir o impacto de diferentes tipos de resultados de investigación nun perfil de autor/a. Ofrece datos obtidos dunha grande diversidade de fontes, como Twitter, blogs, noticias en medios de masas, etc. [Ver máis sobre ImpactStory]

 

Kudos é unha aplicación web que axuda os/as investigadores/as a mellorar a súa visibilidade, compartindo os seus resultados de investigación e facendo un seguimento do seu impacto. Ofrece tanto datos propios como altmétricas. [Ver máis sobre Kudos]

 

  ​PLoS Article Level metrics (ALM) é un servizo proporcionado por Public Library of Science (PLoS) para todos aqueles/as autores/as de traballos publicados en revistas PLoS. Esta ferramenta proporciona un conxunto de indicadores para medir o rendemento xeral e o alcance dos artigos de investigación publicados en PLoS.

​Bookmetrix é unha plataforma lanzada por Springer e Altmetric que mide o impacto de máis de 18.000 libros contidos en SpringerLink. Amosa as citas, os datos de uso, as mencións en redes sociais ou o número de usuarios que gardaron en Mendeley tanto o libro coma cada un dos capítulos. [Ver máis sobre Bookmetrix]

Diferentes bases de datos foron incorporando as métricas alternativas dentro dos datos bibliométricos ofrecidos para cada un dos documentos que albergan. Entre as máis relevantes pódense citar as seguintes:


Web of Science:  

Ofrece a información Conteo de uso, que recolle o número de veces que o artigo cubriu as necesidades de información dun usuario. Así,  indica o número de veces que se accedeu ao texto completo dun rexistro ou que un rexistro se gardou nos últimos 180 días ou desde 2013. 

Por outra parte, a Web of Science (WoS) integrouse coa plataforma Altmetric. Grazas a isto, Altmetric.com recompila información relativa ao número de citas recibidas na WoS. Do mismo modo, pódese instalar no navegador o Altmetric Bookmarklet, que permite visualizar, para cada artigo da WoS que teña DOI, a información ofrecida por Altmetric.


Scopus:

A base de datos Scopus foi unha das primeiras en incorporar novas métricas alternativas.

Actualmente ofrece métricas a nivel de artigo que combinan:    

  1. As citas recibidas en Scopus xunto coa avaliación comparativa de percentiles ou Citation benchmarking
  2. O impacto das citas ponderadas por campo o Field-weighted citation impact   
  3. Un conxunto de altmétricas de PlumX: uso, capturas, mencións, redes sociais e citas.

Ademais, tamén se integrou con Altmetric para poder visualizar no navegador a información ofrecida por esta plataforma a través do marcador Altmetric Bookmarklet para cada artigo de Scopus que teña DOI.



IEEE Xplore:

No apartado "Metrics" para cada documento de IEEE Xplore pódense atopar as seguintes métricas:  

  • Usage: Amosa o número total de descargas e lecturas do documento por ano e mes (desde o 1 de xaneiro de 2011 ata a actualidade para revistas, conferencias e estándares, e desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a actualidade para libros electrónicos).
  • Citations: Amosa a cantidade de citas do documento en Crossref, Scopus, Web of Science e Google Scholar.
  • Online Sharing Activity: Amosa a actividade en liña do documento segundo as estatísticas proporcionadas por Altmetrics.


ACM Digital Library:

Para cada documento de ACM Digital Library danse as seguintes métricas:

  • Citation Count: Número total de veces que o documento foi citado por outros traballos de ACM.
  • Downloads (cumulative): ​​Número acumulado de veces que o documento foi descargado a través de ACM.
  • Downloads (12 months): Número de descargas do documento  durante os últimos 12 meses a través de ACM.
  • Downloads (6 weeks): Número de descargas do documento a través de ACM durante as últimas 6 semanas.

Tamén se ofrece información bibliomética dos/as autores/as, cos seguintes indicadores:


Nature:

En cada artigo ofrécese o número de accesos e citas recibidos, ademais dunha serie de altmétricas. As citas obtéñense da Web of Science e de CrossRef, o resto da información recóllese da plataforma Altmetric.com.

    


Snowball Metrics é unha iniciativa de diversas universidades de todo o mundo co obxecto de obter unha medición dos seus resultados realmente significativa e práctica, sen imposicións de organizacións alleas, como axencias de financiamento ou provedores de información. Preténdese acadar con este proxecto un estándar global de métricas que permita unha comparativa eficaz entre institucións, abarcando todo o espectro das actividades investigadoras. 

O esforzo colaborativo das universidades impulsoras do proxecto concretouse nunha serie de "receitas" (recipes), sobre as que un provedor comercial, Elsevier, elaborou en 2014 a ferramenta piloto Snowball Metrics Lab para verificar que efectivamente se podían "cociñar" (cookable). Pretendeuse que as conclusións se estenderan ao sector internacional da educacion superior mediante un efecto de bola de neve; de aí o nome de snowball metrics.  En 2017 publicouse a terceira edición do libro de receitas.


Metrics Toolkit: 

Ferramenta que proporciona información sobre como se calcula cada métrica, onde pode atoparse e como debe (e non debe) aplicarse cada unha delas.

 


Como promocionar a investigación en liña:  

Tips and tricks for promoting your research (Altmetrics)

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons