Skip to Main Content

Acreditación e avaliación da actividade investigadora: Revistas científicas e artigos de revistas

Sexenios, axencias de avaliación, criterios de avaliación, instrumentos de avaliación

Artigos de revistas: indicios de calidade

Citas recibidas trátase do número de veces que un artigo é mencionado en outros artigos. É un indicador de visibilidade, difusión ou impacto da investigación publicada.

Donde localizar as citas recibidas polos artigos:

Calquera destas tres bases de datos presentan as referencias bibliográficas acompañadas do número de veces que se citan os documentos:

  • Web of Science
    • Búsqueda de referencia citada: permite atopar os artigos que citan o traballo dunha persoa determinada.     
    • Búsqueda de autores: busca de rexistros de autor/a que permite consultar o seu informe completo de citación.    
  • Scopus         
    • Busca por autor: permite obter unha visión xeral das citas recibidas por un/unha autor/a concreto/a.     
  • Google Académico
    • Citado por: aparecen os artigos que citaron o traballo.

Ademáis o programa de software Publish or Perish  analiza as citas recibidas e permite calcular indicadores de calidade. O usuario ten que descargar esta aplicación no seu ordenador.


FACTOR DE IMPACTO (IF) é un indicador que mide a calidade dunha revista. Calcúlase a partir do número de artigos publicados nunha revista e do número de citas recibidas durante un período de dous anos.

O índice de impacto máis importante é o Factor de Impacto proporcionado por JCR, pero existen outros índices nacionais e internacionais que tamén miden a influencia e calidade das revistas científicas.
 


Outros indicadores de impacto de Web of Science e Scopus:
  • CiteScore: calcula a media de citas que recibiron en catro anos os documentos publicados nunha revista neses mesmos catro anos (antes de 2018 foron os tres últimos anos). O cálculo é moi parecido ao Factor de Impacto de JCR, pero neste último a marxe de citación é de 2 anos. Pódese consultar en Scopus
  • Índice de inmediatez: mide a rapidez coa que se citan os artigos dunha revista científica, permitindo identificar revistas punteiras en investigacións de ampla repercusión. Pódese consultar no JCR
  • EigenFactor: índice baseado no número de veces que os artigos publicados nos cinco anos anteriores foron citados neste ano. Caracterízase porque se contan as citas tanto de Ciencias como de Ciencias Sociais, elimina as autocitas e dá máis valor ás citas aparecidas nas revistas máis importantes (as máis citadas). Pódese consultar no JCR e en Eigenfactor Project.   
  • Essential Science Indicators: ferramenta que proporciona estatísticas para coñecer as tendencias en investigación científica. Pódese consultar na Web of Science, en Essential Science Indicators.  
  • SNIP (Source Normalized Impact per Paper): mide o impacto contextual das citas baseándose no número total de citas dunha determinada área temática. Así, ao impacto dunha única cita dáselle un valor máis alto en áreas temáticas nas que as citas son menos probables, e viceversa. Pódese consultar en Scopus e en CWTS Journal Indicators.  

Máis material de axuda na páxina web da FECYT
 

Outros indicadores de calidade e impacto de carácter internacional das revistas científicas:
  • Journal Scholar Metrics: ofrece o impacto científico das revistas de 82 países, de Arte, Humanidades e Ciencias Sociais, a partir do reconto de citas que ofrece Google Scholar Metrics.
  • Capes. Elaborado polo Ministerio de Educación de Brasil. Ofrece unha clasificación de revistas en oito niveis, desde o A1 ata C.
  • Citec (Citation in economics). Analiza datos de citas de revistas e working papers incluidos no coñecido repositorio abierto REPEC (Research Papers in Economics).
  • CiteSeerX analiza revistas e congresos sobre Informática e Ciencias da  Información.
  • iCite: ferramenta elaborada polos National Institutes of Health para acceder a un conxunto de indicadores bibliométricos para os artigos dunha listaxe ou contidos nunha folla de cálculo. Os usuarios engaden PubMed IDs de artigos de interese, coa posibilidade de agrupalos para a comparación. A continuación, iCite mostra o número de artigos, artigos por ano, citas por ano, e a Relative Citation Ratio.
  • Ranking REDIB de Revistas Científicas Iberoamericanas: recolle máis de 1000 revistas (indexadas simultaneamente en REDIB e en WoS) das que se indica a súa clasificación global, título, país de publicación, e diversos indicadores (citas recibidas, porcentaxe de artigos citados, etc.).  


Indicadores de calidade e impacto para as revistas españolas:
  • SciELO Analytics (Beta): analiza revistas científicas españolas de ciencias da saúde.
  • Listado de revistas que poseen el Sello de Calidad de la FECYT.  o selo de calidade FECYT crecoñece a calidade editorial e científica das revistas avaliadas. Este recoñecemiento ten unha validez de tres anos desde a resolución definitiva da convocatoria correspondente.
  • CIRC: sistema de clasificación de revistas de Ciencias Sociais e Humanidades desenvolvido en España por sistema de clasificación de revistas de Ciencias Sociales y Humanidades desarrallado en España por EC3 - Evaluación de la Ciencia y la Comunicación Científica.
  • RESH (Revistas españolas de Ciencias Sociales y Humanidades). Proporciona indicadores de calidade para revistas científicas españolas de Ciencias Sociais e Humanidades.
  • CARHUS Plus+ sistema de clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e  Humanidades elaborado pola Generalitat de Calaluña.  
  • Dialnet Métricasproxecto que busca dar continuidade a IN-RECS, incluíndo ademais outros servizos e outros indicadores de valor engadido. O seu núcleo principal é a elaboración do índice de impacto das revistas españolas das diversas disciplinas de Ciencias Sociais e Humanidades, pero inclúense tamén indicadores de cada unha das publicacións, dos investigadores e das institucións ás que estes pertencen. Inclúe o IDR (Indice Dialnet de Revistas), que permite coñecer o impacto científico dunha revista, así como a súa evolución e posición respecto ao resto de revistas da especialidade.
  • IBRA (Indicadores Bibliométricos de Revistas de Arquitectura): sistema que informa sobre os indicios de calidade das revistas no ámbito da arquitectura. Última actualización 2017
  • IN-RECS (Índice de impacto de las revistas españolas de ciencias sociales).   Sen datos desde 2011
  • IN-RECJ (Índice de impacto de las revistas españolas de ciencias jurídicas).  Sen datos desde 2010 
  • IN-RECH (Índice de impacto de las revistas españolas de humanidades). Sen datos desde 2008
  • DICE (Difusión y calidad editorial de las revistas españolas de humanidades y ciencias sociales y jurídicas). Non se actualiza desde 2013.

Para determinadas disciplinas e linguas pouco representadas nos Indices de citas e impacto, os organismos avaliadores valoran que as revistas que estean recollidas nas bases de datos da súa especialidade. Para estes casos é recomendable consultar sempre a convocatoria concreta do proceso de avaliación.

Buscar as publicacións en bases de datos:

Localizar revistas que estean recollidas en bases de datos especilizadas de carácter internacional:

  • MIAR proporciona o indicador ICDS que mostra a visibilidade da revista en diferentes bases de datos científicas de alcance internacional, ou en su defecto en repertorios de avaliación de publicacións periódicas.
  • ERIH PLUS: é un sistema de clasificación de revistas europeas de Ciencias sociais e Humanidades. O indicador de calidade que presenta, consiste únicamente en que a revista estea includida en ERIH.
  • Latindex: directorio de revistas Iberoamericanas, clasificadas de acordo con 33 criterios de calidade para revistas impresas e 36 para electrónicas.
  • Emerging Sources Citation Index (ESCI), 2015- , incluída na colección de bases de datos de Web of Science
  • Ulrich's Web
  • Avery Index Architectural Periodicals

A división por cuartis sirve para medir a repercusión dunha revista segundo a posición que ocupa entre o grupo de revistas da súa mesma área temática. Consiste nun ranking de revistas ordenadas polo Factor de Impacto de maior a menor. A lista divídese en catro zonas iguais. Esas zonas son os Cuartís: Q1, Q2, Q3 e Q4. A élite das revistas encóntrase no Q1.

Onde localizar o cuartil dunha revista:
  1. JCR de Web of Science Se busca un título dunha revista en  JCR encontrará toda a información sobre os seus indicadores de calidade, e o cuartil e a posición que ocupa entre outras da mesma disciplina.
  2. SJR - SCImago Journal & Country Rank pode buscar:
  3. Journal Scholar Metrics: é unha ferramenta desenvolvida polo Grupo de Investigación EC3 da Universidad de Granada que analiza o impacto das revistas de Arte, Humanidades e Ciencias Sociaiss a partir do reconto de citas que ofrece Google Scholar Metrics. Recolle revistas editadas en 82 países no quinquenio 2010-2014.
Como calcular o decil dunha revista:

Ao igual que no caso dos cuartis, a división por decís serve para medir a importancia dunha revista segundo a posición que ocupa entre o grupo de revistas da súa mesma área temática. Ao dividir en 10 partes unha listaxe de revistas ordenadas por índice de impacto, cada unha desas partes será un decil.

Nin JCR nin SJR ofrecen directamente a posición en función dos decís, polo que deberemos calculalos nós mesmos.

Un investigador ten índice H se publicou H traballos e cada traballo recibiu, ao menos, H citas. Un autor cun índice H = 7 quere dicir que publicou 7 artigos e recibiu polo menos 7 citas por cada un deles. Aplícase tanto a autores como a revistas. A principal vantaxe deste índice é que combina nun só indicador unha medida de cantidade e outra de impacto da produción.

Localizar o índice H a nivel de autor:
  • Busca por autor en Researcher ID de Web of Science.
  • Busca por autor en Scopus e ver os resultados no seu perfil Author ID.
Localizar o índice H de revistas:

Recóllense as principais métricas ofrecidas polas tres bases de datos máis destacadas na avaliación das revistas científicas:

 

  Todas as revistas Revistas españolas

Google Scholar

(Hai que seleccionar o idioma para

ver as revistas de cada país)

Métricas 2021 (revistas en inglés)

Métricas 2021

 

 

Scopus

SJR e SNIP 1999-2016

SJR 2017 / SNIP 2017

SJR 2018 / SNIP 2018

SJR 2019 / SNIP 2019

SJR 2020 / SNIP 2020

SJR 2016 

SJR 2017 

SJR 2018 

SJR 2019 

SJR 2020 

 

 

Web of Science - SCI

JCR 2016 

JCR 2017 

JCR 2018 

JCR 2019 

JCR 2020 

JCR 2016 

JCR 2017 

JCR 2018 

JCR 2019 

JCR 2020 

 

 

Web of Science - SSCI

JCR 2016 

JCR 2017 

JCR 2018 

JCR 2019 

JCR 2020 

JCR 2016 

JCR 2017 

JCR 2018 

JCR 2019 

JCR 2020 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons