Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acreditación e avaliación da actividade investigadora: Creacións Artísticas

Sexenios, axencias de avaliación, criterios de avaliación, instrumentos de avaliación

Creacións artísticas

Nas áreas de Arte e Humanidades son especialmente valoradas as seguintes actividades artísticas:
  • Creacións e obras presentadas en exposicións, museos.
  • Traballos presentados a premios e concursos.
  • Participación en exposicións.
  • Fotografías científicas e técnicas admitidas a concursos.
  • Informes científicos e técnicos emitidos.
Outros indicios de calidade a ter en conta:

Segundo ANECA:

  • Participación en exposicións como autor ou comisario con publicación de catálogo que sexa impacto nos medios especializados.
  • Premios, distincións ou mencións de calidade obtidas.
  • Recoñecemento profesional e público
  • Impacto
Aportacións que se valoran:
Indicios de calidade

No campo Arquitectura, Enxeñaría Civil, Construción e Urbanismo, as aportaciones que se valoran  e a forma de xustificar a súa calidade:

  • Os proxectos arquitectónicos, urbanísticos ou de enxeñaría, que serán valorados polo seu carácter innovador.
  • Os desenvolvementos tecnolóxicos e arquitectónicos importantes dos que se poda demostrar o seu recoñecemento.
  • A participación en exposicións de prestixio e mái as de carácter monográfico, dedicadas a un só autor.
  • A participación como comisario en exposicións sempre que se publique o catálogo con repercusión nos medios académicos especializados nacionais e internacionais.

Na área de Belas Artes (arte, audiovisual, deseño e conservación e restauración) poderíanse ter en consideración:

  • As exposicións individuais ou colectivas.
  • Obra premiada.
  • Traballos de conservación ou restauración.
  • Encargos artísticos institucionais ou empresariais, por exemplo, obras de carácter público, deseño e publicidade.

Respecto á música, poderanse valorar as composicións publicadas ou estreadas por intérpretes recoñecidos.

No campo Arquitectura, Enxeñaría Civil, Construción e Urbanismo, indicios de calidade:

  • Os premios e distincións recibidos.
  • Impacto na literatura especializada nacional e internacional.
  • Se foran mostrados en exposicións relevantes con catálogo que non sexa autoedición.

No campo das Belas Artes, valoraranse tres aspectos:

  • Calidade do medio de difusión: proxeción internacional da exposición, edición do catálogo, patrocinadores, promotores, tipo da convocatoria do premio, a forma de adxudicación e o xurado ou comité externo, etc. 
  • Calidade do proxecto artístico: magnitude da aportación, relevancia, participación en exposicións, etc.
  • A repercusión da aportación: referencias bibliográficas en libros ou catálogos, revistas espcializadas, bibliografías académicas, identificación e relevancia dos medios audiovisuais.

Respecto ao comisariado de exposicións considerarase:  

  • Proxectos que aporten novidades relevantes de investigación, cunha reflexión sobre Estética ou Teoría da arte documentada no catálogo.
  • A calidade do proxecto, medio de difusión e repercusión nos medios especializados nacionais e internacionais.
 

 

Valoración da participación como investigador en proxectos e contratos de investigación:

  • Participación como Investigador Principal (IP) en Proxectos de programas competitivos da UE ou convocados por outros organismos internacionais, nacionais. autonómicos ou doutros organismos publicos e privados.
  • Participar como IP en cotratos de investigación coa Administración Pública, institucións ou centros que xeran coñecemento.
  • Autoría en informes técnicos asociados a contratos, pertenza a redes internacionais.

Movilidade: estadías en centros de investigación de prestixio.

Avaliador (Peer) de artígos para revistas JCR ou equivalentes; avaliador de proxectos (ANEP ou similares); pertenza a comisións de seleción de solicitudes de movilidade.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons