Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acreditación e avaliación da actividade investigadora: Libros e capítulos de libros

Sexenios, axencias de avaliación, criterios de avaliación, instrumentos de avaliación

Libros e capítulos de libros

Indicios de calidade

Os indicios de calidade dos libros ou capítulos de libro que propoñe a ANECA:

  • Libros con ISBN publicados en editoriais especializadas, de recoñecido prestixio nacional e internacional nas que se garanta un riguroso proceso de selección e avaliación.
  • Quedan excluidos os libros de texto, manuais e publicacións docentes.
  • Número de citas recibidas.
  • Prestixio da editorial, dos editores e da colección na que se publica a obra.
  • Reseñas en revistas científicas especializadas.

Outros criterios que se poden ter en conta:

  • Traducións da obra a outras linguas.
  • Inclusión en bibliografías independentes do autor e a súa contorna
  • Presenza en bases de datos, repertorios e catálogos de bibliotecas.

Ainda que entre os criterios recollidos pola CNEAI para a avaliación da actividade investigadora, se consideran os libros e capítulos de libros aportacións ordinarias, na práctica fanse excepcións segundo os campos científicos:

  • En Química, Bioloxía Celular e Molecular non se aceptará máis dunha aportación deste tipo.
  • En Ciencias da Natureza os libros e capítulos de libros considéranse contribucións extraordinarias, o que significa a súa exclusión como aportacións preferentes.
  • No caso de Matématicas e Física, Enxeñaría da Comunicación, Computación e Electrónica non se fai ningunha alusión a este tipo de contribucións.
  • En Ciencias Sociais, Políticas, do Comportamento e da Educación, Ciencias Económicas e Empresariais só se valoran positivamente os libros publicados en editoriais que se sitúen no primeiro cuartil para as editoriais españolas ou no primeiro e o segundo para as estranxeiras” no directorio  Scholarly Publishers Indicators
  • En Historia, Xeografía e Artes terase en conta especialmente a posición que ocupe en Scholarly Publishers Indicators e o mesmo para Filosofía, Filoloxía e Lingüística. 

Onde localizar os indicios de calidade

Os libros con ISBN pódense buscar nas bases de datos:  

Calidade da editorial, prestixio dos editores:

  • SPI (Scholarly Publishers Indicators) é un sistema creado polo CSIC para conocer os rankings que permiten valorar el prestigio das editoriais ciéntificas de libro en Humanidades e as Ciencias Sociais. Non se pode considerar como un valor final.
  • Sello de calidad en edición académica CEA-APQ recoñecido como indicio de calidade das publicacións na avaliación dos méritos da actividade investigadora pola ANECA para o programa ACADEMIA e na última edición dos criterios de avaliación da CNEAI.
  • Book Publishers Library Metrics.  índice bibliométrico que pretende medir o grao de difusión e visibilidade das editoriais de libros científicos no ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais a partir do reconto dos libros incluídos nos catálogos de bibliotecas universitarias e académicas españolas que integran o catálogo colectivo REBIUN.
  • ie-CSIC (Índice de Editoriales y Editores CSIC): índice de editoriais que se clasifican en función da súa calidade, desenvolto desde 2017 polo CSIC. As editoriais son clasificadas en función do seu impacto ou valor: alto, medio ou baixo. Ata o momento realizáronse dúas edicións: 2017 2018.
  • Listado Editoriales (Clarivate Analytics)

Presenza dos libros en bases de datos e catálogos:

  • Dialnet
  • Bases de datos espacializadas que están subscritas pola universidade.
  • Catálogos de  bibliotecas:
    • Rebiun, Red de bibliotecas universitarias españolas e do CSIC
    • WorldCat Cátalogo de bibliotecas norteamericanas e europeas.

Número de citas recibidas:

  • Web of Science inclúe os índices de citas de libros na súa colección principal:
    • Book Citation Index– Science (BKCI-S) --2005-presente
    • Book Citation Index– Social Sciences & Humanities (BKCI-SSH) --2005-presente                
  • Scopus           
  • Google Scholar       
  • Google Books

Traducións a outras linguas: pode consultar a base de datos de traducciones a nivel mundial:

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons