Ir ao contido principal

Acreditación e avaliación da actividade investigadora

CNEAI - Sexenios de investigación

Convocatoria 2023

Resolución do 19 de decembro do 2023, da Secretaría General de Universidades, pola que se aproba a convocatoria de avaliación da actividade investigadora («BOE» núm. 4, do 5 de xaneiro do 2023).

O prazo de presentación das solicitudes é do 22 de xaneiro ao 12 de febreiro do 2024.

Aprobados os novos criterios de avaliación da próxima convocatoria 2023 do sexenio de investigación. 

1. Aportacións:

As aportacións só serán valorables si contribúen ao progreso do coñecemento e presentan impacto científico ou social, entendido este último como os beneficios evidenciables que aporta o coñecemento máis alá do ámbito académico.

Amplíanse os tipos das aportacións: conxuntos de datos, as metodoloxías, os programas de ordenador ou os modelos de aprendizaxe automático.

Acéptanse as aportacións extraordinarias en todos os campos, respectando a especificidade de cada disciplina científica.

As dúas aportacións sustitorias volven ser opcionais.

Para obter unha avaliación positiva haberá que presentar como mínimo cinco aportacións de relevancia e impacto que poderán acompañarse de dúas aportacións sustitutorias, seleccionadas pola persoa solicitante. Aínda que se admite un número menor en casos xustificados. "El número de aportaciones podrá ser inferior si los trabajos tienen una relevancia extraordinaria y han tenido un alto impacto científico o social, o bien si en el período sometido a evaluación quien solicita la evaluación ha justificado debidamente las situaciones de permiso de maternidad o paternidad, excedencias por el cuidado de las/os hijas/os, por el cuidado de familiares en primer grado dependientes que estén a su cargo, por razón de violencia de género y por razón de violencia terrorista". (Resolución de 5 de decembro de 2023 da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora).

Incorpórase un novo Campo 0 para a presentación das investigacións de carácter interdisciplinar e multidisciplinar. As persoas solicitantes poderán presentar as súas aportacións neste campo cando consideren e xustifiquen que, no seu conxunto, non poden ser avaliadas desde unha perspectiva discipliar única. Ademais, en todos os campos valorarase positivamente os resultados de investigacións multidisciplinares e interdisciplinares.

Admítense aportacións online, aceptadas e publicadas (que teñan o DOI), ainda que non dispoñan de paxinación definitiva e/ou non estean publicadas en papel.

Promoverase a investigación nas linguas oficiais dos territorios, polo que as aportacións en español ou noutras linguas cooficiais non poderán considerarse un demérito.

2. Criterios e metodoloxía de avaliación:

Nos criterios de avaliación dase maior peso á valía da aportación  que á fonte na que se difunde, como viña sendo ata o momento, sen que desaparezan as métricas que se usaron ata agora.

No proceso de avaliación aplicaranse criterios e metodoloxías cualitativas e cuantitativas. A persoa solicitante terá que defender a valía de súas aportacións en canto aos indicios de relevancia e impacto. Solicítase unha narración justificativa dos indicios de relevancia e impacto de cada aportación, apoiados por un uso responsable de indicadores cuantitativos (Bibliometría narrativa). No caso das publicacións, a súa indexación nun determinado repertorio bibliográfico ou base de datos poderá servir como argumento complementario na defensa narrativa que se faga da aportación, pero non para obter de forma automática unha valoración positiva desta, sen ter en conta a calidade intrínseca do contido. 

Esixirase que as aportacións presentadas sexan depositadas nos repositorios institucionais e que estean accesibles en aberto. O depósito poderá facerse en acceso aberto, acceso restrinxido, embargado ou con acceso só aos metadatos, respectando en todos os casos a xestión de dereitos de autoría amparada polo marco legal vixente no momento da publicación.

En España, o mandato legal de depósito dos artigos científicos nos repositorios chega coa Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación. Polo tanto, deben cumprir con este requisito todos os artigos publicados con posterioridade a esa data.

Os conxuntos de datos que se sometan a avaliación deberán cumprir cos principios FAIR (fáciles de atopar, accesibles, interoperables e reutilizables) e, sempre que sexa posible, difundiranse en acceso aberto en repositorios ou infraestruturas de datos de confianza.

Os datos e outros resultados da investigación (libros, capítulos de libros...) teñen que depositarse obrigatoriamente en repositorios desde a entrada en vigor da Lei 17/2022, de 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

Tamén se valorarán como contribucións relevantes os programas de ordenador distribuídos como software libre (aquel que cumpre a definición publicada pola Open Source Initiative (https://opensource.org/osd/) e que, por tanto, está protexido por algunha das licenzas aprobadas por este organismo (https://opensource.org/licences/).

A persoa solicitante debe xustificar a súa participación activa nos traballos e concretar a súa aportación no caso de autoría múltiple de acordo coa taxonomía CRediT (Contributor Roles Taxonomy). Así mesmo, deberá declararse o uso da intelixencia artificial xerativa sempre que afecte ao contido orixinal da aportación.

Acreditación do profesorado universitario

 

O programa ACADEMIA asume as funcións de orientación, avaliación, certificación e acreditación dos méritos das persoas aspirantes aos corpos docentes de funcionarios (cátedra e titularidade) e das persoas docentes contratadas das universidades (contratado/a doutor/a e universidade privada).

ANECA acaba de publicar o borrador dos novos criterios de avaliación e os requisitos mínimos de referencia dos méritos e competencias requeridos para obter a acreditación estatal para o acceso aos cuerpos docentes universitarios

A Dirección da ANECA publicou o "Procedimiento para la obtención de la acreditación estatal para el acceso a los cuerpos docentes universitarios", conforme ao Real Decreto 678/2023, de 18 de julio.

Xa se poden presentar solicitudes seguindo as instrucións contidas no documento de ayuda 'Cómo presentar una solicitud'  e engadindo o  CVN e resto dos documentos exixidos no procedemento.

O modelo de currículo breve adaptado aos novos criterios de acreditación, poderase xerar seguindo o estándar CVN (seleccionando a opción “CVA ANECA” na ferramenta on line do editor da FECYT http://cvn.fecyt.es/editor).

O Real Decreto 678/2023, do 18 de xullo, "polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos devanditos corpos"  introduce unha serie de novidades respecto aos métodos de avaliación có obxectivo de "facilitar a avaliación cualitativa co apoio de indicadores cuantitativos, e diversificar o tipo de contribucións que se poden achegar. Así, solicítase ás persoas candidatas un currículo breve que conteña unha selección dun número reducido de contribucións relevantes de investigación, transferencia e intercambio do coñecemento, cunha explicación narrativa breve sobre a súa calidade, impacto ou relevancia científica, social ou local, sustentada polos indicadores de calidade que a persoa candidata estime convenientes."

O acceso aos corpos docentes universitarios esixirá, ademáis do título de Doutor/a, a obtención previa dunha acreditación por parte da ANECA que acordará, mediante convenio, o desenvolvemento da avaliación dos méritos e competencias por parte das axencias de calidade das Comunidades Autónomas segundo o Art. 69 da Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario.

A Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario (LOSU)  elimina a necesidade de posuír unha acreditación para acceder á figura contractual de Profesor/a Axudante Doutor/a a través das axencias de avaliación de calidade. As universidades asumen a responsabilidade de elixir - respectando o que marca a LOSU en canto aos procedementos de selección do profesorado contratado -  ao seu profesorado doutor máis xoven.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons