Usos permitidos pola lexislación vixente:
Que usos non son lícitos con fins docentes:
Reproducir, distribuir, transformar ou comunicar no campus virtual:
Xa que a UDC paga unha remuneración aos titulares dos dereitos de autor a través do acordo asinado entre CRUE e CEDRO-VEGAP, os profesores poden subir á aula virtual os documentos indicados no panel da esquerda. Ademáis, poderá realizar a dixitalización previa dun capítulo dun libro, ou o 10% das páginas dun libro ou un artígoo de revista, sen necesidade de solicitar autorización, sempre e cando os actos se realicen na universidade, por seu persoal e con medios e instrumentos propios. Quedan excluidas, sen embargo, as compilacións de fragmentos de obras ou imaxes, as partituras e as obras dun só uso, por exemplo os libros de exercicios.
Recoller enlaces simples á páxinas web non supón ningunha infracción dos dereitos de autor..
Os apuntes, artigos de revistas, capítulos de libros, etc. - que están a disposición dos alumnos - só poden ser utilizados para o seu uso persoal, segunda a excepción prevista no art. 31 LPI que permite a copia para uso privado.
Non teñen ningún dereito. A tutela ou dirección dos mesmos non implica a súa participación na creación dos traballos orixinais, polo tanto, se precisa a autorización do alumno. Art. 5 e 39 do Estatuto do estudantado (Aprobado polo Claustro Universitario o 29 de maio de 2007).
Os contidos dispoñibles na Internet teñen as mesmas condicións de proteción que os publicados noutros medios ou soportes.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es