Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Propiedade intelectual e dereitos de autor: Xestión dos dereitos

Os dereitos de autor correspondenlle ao autor desde o momento da creación da súa obra. Polo tanto, o autor é o titular destes dereitos. Pero pode ser que o autor ceda os seus dereitos patrimoniais a outra persoa ou entidade que, a partir dese momento, será a que autoriza e decide os usos da obra e a contraprestación económica pola súa explotación.

Tipos de licenzas de publicación

É o conxunto de condicións polas que o autor establece a forma e maneira na que a súa obra pode ser usada.

Existen moitos modelos de licenzas para a distribución e explotación das obras e polo tanto, non é fácil elixir entre todas elas. Unhas son máis permisivas e permiten o uso das obras prácticamente sen limitacións. Outras son abertas pero impoñen certas restriccións sobre as obras derivadas (por exemplo, uso non comercial) e tambén existen as licenzas cerradas nas que o titular dos dereitos de autor impón condicións sobre o uso da obra, a súa distribución, copia ou calquera outra consideración.

O copyright e os dereitos de autor teñen unha regulación diferente dependendo do pais no que nos atopemos.

O copyright pertence á lexislación da propiedade intelectual no sistema angloamericano, principalmente Estados Unidos, que afronta os dereitos de autor desde unha perspectiva fundamentalmente económica. Sen embargo, o modelo europeo de dereitos de autor fundaméntase na dimensión creadora (persoal) da Propiedade Intelectual, é individualista e recoñece os dereitos morais do autor sobre a súa obra, dereitos que son exclusivos e irrenunciables.

Non obstante, o uso do símbolo do copyright © está extendido en todo o mundo para identificar ao titular ou titulares dos dereitos e está asociado á idea de “todos os dereitos reservados”. No momento no que un autor crea unha obra, pódelle poñer o símbolo © seguido do seu nome e ano de divulgación.

As licenzas Creative Commons (CC) enmárcanse no movemento para o Acceso Aberto á información. Son licenzas públicas, libres e gratuitas, moi usadas, recoñecidas internacionalmente e non exclusivas. Poden aplicarse a todo tipo de obras intelectuais (libros, fotografías, artigos, vídeos, música, sitios web…). Os autores -  no momento de divulgar a súa obra - elixen as condicións  do uso da súa obra, é dicir,  qué dereitos queren reservar e qué usos lles permiten aos usuarios.

Se publico baixo unha licenza CC perdo os meus dereitos de autor?
Cando publica cunha licencia CC, vostede permite que outros utilicen a súa obra baixo unhas condicións específicas, pero vostede segue a ser o titular dos dereitos. Só cambia o concepto de “todos os dereitos reservados” polo de “algúns dereitos reservados”. Permítense algúns dereitos de explotación a terceiras persoas baixo certas condicións.

Vantaxes de utilizar licenzas CC

  • Permiten a divulgación da obra sen prexuízo de que o autor se reserve algúns dereitos.
  • Permiten que os usuarios poidan compartir a obra sen necesidade de solicitar permiso ao autor.
  • Aumentan a visibilidade dos autores en internet.
  • Non impiden que o autor poda ceder os seus dereitos de comercialización.
  • No ámbito do ensino, as licenzas CC ofrecen aos profesores e estudantes multitude de contidos libres para ser usados e compartidos.

Inconvenientes das licenzas CC

  • Estas licenzas non son revogables. Unha vez concedidas, non se poden retirar.

O autor pode escoller entre catro condicións de uso e, combinándolas entre sí, dan lugar a seis tipos de licenzas.
Cando un usuario utiliza unha obra cunha licenza Creative Commons, comprométese a usala nos termos sinalados. En caso de incumprimento, o autor poderá recorrer aos tribunais, do mesmo xeito que con calquera outro tipo de licenza.

 

El Copyleft nace no ámbito da programación informática como unha estratexia legal deseñada polo movimento del software libre para que o código de programación sexa unha ferramenta "libre".

O principal obxectivo destas licenzas é garantir que cada persoa que recibe unha copia dunha obra poida usala, modificala e redistribuír as versións derivadas mediante unha licenza equivalente á da obra orixinal.

ColorIURIS é un sistema de autoxestión e cesión dos dereitos de autor en liña a partir do modelo europeo continental, con efectos legais en diferentes países, sobre todo da área latinoamericana.

 

GNU General Public License é a licenza máis amplamente usada no mundo do software e garante aos usuarios finais a liberdade de usar, estudar, compartir (copiar) e modificar o software.
 

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons