Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

A identificación de autoría na UDC: WOS ResearcherID

Web of Science ResearcherID

ResearcherID é un código identificador de investigadores vinculado á Web of Science.

O 15 de abril de 2019 a plataforma ResearcherID deixa de existir e todos os perfís públicos contidos en www.researcherid.com pasaron a formar parte de Publons, o que permite ter funcións adicionais como: importar publicacións, actualizar métricas, impulsar o historial do investigador ou descargar o seu expediente académico.

Se antes da fusión con Publons xa se tiña un ResearcherID, coa fusión, o identificador foi redirixido a un novo perfil de Publons, polo que so terá que identificarse coas mesmas credenciais de ResearcherID. 

Se se quere crear unha conta en Publons e engadir unha publicación da Web of Science (Reclamación en Publons) asignarase un ResearcherID automáticamente.

Se se quere crear unha conta en Publons, pero non se ten ningunha publicacións na Web of Science, pódese solicitar un ID nesta ligazón.
 

Publons

Publons é un servizo web gratuíto de rexistro, verificación e recoñecemento de actividades académicas relacionadas coa revisión por pares e a edición de publicacións científicas. Podemos acceder a través da Web of Science ou directamente a través do seu propio enderezo: Publons

Publons permítenos realizar un seguimento das nosas publicacións, métricas de citas, revisións de pares e traballos de edición de revistas. Para iso podemos importar publicacións desde Web of Science, ORCID ou un xestor de referencias bibliográficas (por exemplo, RefWorks, EndNote ou Mendeley). Podemos, ademais, descargar un informe que resume o noso impacto académico como autor, editor e revisor de pares, que pode utilizarse para promocións e discusións profesionais.
 

Engadir as súas publicacións ao seu perfil

As publicacións de WoS pódense transferir a Publons de varias formas:

  • Publons realiza automaticamente unha busca das publicacións en WoS dende a opción do menú 'Publications'. Se atopa algunha, o investigador seleciona as que corresponde á súa autoría e as incorpora á súa páxina persoal.

Importar de Publons a WoS

  • Cando o investigador localice en WoS documentos da súa autoría, pode engadilos a Publons mediante a opción "Reclamación en Publons" do apartado "Exportar".

  • Por último, e tamén dende a propia WoS, realizada unha busca polo autor, unha vez que se estea dentro da páxina do autor, prémese sobre 'Reclamar este registro'. Ábrese unha nova ventá onde hai que premer sobre 'Reclamar este registro en Publons', e a continuación redirixe a Publons, onde se pode facer unha selección das publicacións que se desexen importar. Unha vez seleccionadas, prémese en 'Import selected publications'.

Reclamar registro en WoS

Integración con Orcid

É posible sincronizar automáticamente ORCID con ResearcherID/Publons para facilitar a transferencia de publicacións entre eles. Hai que entrar na conta de Publons, premer en "Account" e seguir os pasos indicados. Pódese conectar con contas de ORCID e tamén con Linkedin, Google, etc.

Conta de Publons

Vídeo: Publons- Liga tu ORCID a tu cuenta de Publons

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons