Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

A identificación de autoría na UDC: Redes e comunidades científicas

Redes e comunidades científicas


As comunidades científicas son sitios web que ofrecen información sobre os/as usuarios/as rexistrados/as neste sitio, os cales crean o seu propio perfil persoal no que describen os seus datos, intereses de investigación, actividades ás que se dedican, etc.

O seu obxectivo é promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os investigadores e as institucións, facilitando a difusión e o acceso á investigación.

En xeral, estas redes científicas permiten:

  • Xestionar lecturas e favoritos.
  • Compartir bibliografía.
  • Acceder ao texto completo dalgúns documentos.
  • Buscar persoas e construír grupos con intereses afíns.
  • Acceder a novas científicas, novidades, blogs, etc.

Maís información:

"La comunidad científica ante las redes sociales: guía de actuación para divulgar ciencia a través de ellas": guía elaborada pola Universidad Complutense de Madrid coa colaboración de FECYT.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons