Skip to Main Content

Que son os datos de investigación?
- Os datos de investigación abertos son aqueles materiais xerados ou recollidos durante o transcurso da realización dunha investigación.
- Poden ser utilizados, reutilizados e redistribuídos por calquera persoa, coa condición de citar a autoría, e no seu caso, compartir os novos datos nos mesmos termos que os orixinais.
- Os datos inclúen: cadernos de laboratorio, cadernos de campo, datos de investigación primaria (incluídos os datos en papel ou en soporte informático), cuestionarios, cintas de audio, vídeos, desenvolvemento de modelos, fotografías, películas, e as comprobacións e as respostas da proba. As coleccións de datos para a investigación poden incluír diapositivas; deseños e mostras.
- Todos os proxectos financiados con H2020 iniciados en 2017 deberán garantir o acceso aberto aos datos de investigación, salvo excepcións xustificadas..
- Os proxectos participantes terán que entregar un Plan de Xestión de Datos durante os 6 primeiros meses de vida do proxecto, no que se describe que vas facer cos teus datos durante e despois de finalizar a túa investigación

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es 