Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Acreditación e avaliación da actividade investigadora: Multiautoría

Sexenios, axencias de avaliación, criterios de avaliación, instrumentos de avaliación

Criterios xerais

Debido ao crecemento exponencial dos autores que asinan as publicacións a ANECA e a CNEAI adoptaron uns criterios que intentan ponderar a responsabilidade e a contribución de cada autor. Hase de ter en conta:

É importante o número total de autores que asinan unha publicación.

A orden dos autores asinantes determiña súa contribución.

O número de asinantes e a súa orden valoraranse diferente, segundo os campos científicos.

’Principios y orientaciones para la aplicación de los criterios de evaluación’’ (V.2.0.31/01/2008) a ANECA indica que para a valoración das publicacións científicas terase en conta, entre outros factores ‘’él número de autores y, cuando sea relevante, la posición que ocupa entre ellos el solicitante’’ Ademáis, a puntuación de cada publicación pode verse reducida, cando o número de autores sexa superior á media correspondente á especialidade científica.

Programa ACADEMIA Criterios de avaliación [DECEMBRO 2019]: de aplicación a partir do 15/01/2020

Obsevatorio IUNE (2020). Informes sobre Co-autoría e hiperautoría en el Sistema Universitario Español.

Co-author Index

Co-author Index é unha ferramenta elaborada polo Grupo EC3 da Universidad de Granada que pretende medir con distintos indicadores o índice de coautoría nos artigos publicados por autores españois en revistas nacionais e internacionais.

A coautoría non é un indicio de calidade por sí mesmo, pero a ANECA ten en conta se o número de autores entra ou non dentro do habitual na especialidade científica á hora de avaliar as contribucións. Polo tanto, pode resultar de utilidade para a avaliación en aqueles campos e/ou contribucións nos que é necesario xustificar un elevado número de autores.

Os indicadores de coautoría pódense consultar por revistas ou por disciplinas, para un ano concreto. Para unha determinada revista ou disciplina, os indicadores ofrecidos son: o número de artigos científicos, a media, a moda, a mediana e o máximo número de autores por artigo.

O número total de revistas analizadas foi aproximadamente 19.000, e o de documentos procesados supera o millón, para un período temporal que se extende desde 1999 ata 2015.

 

Declaracións da CNEAI sobre autoría

Segundo a Resolución de 30 de octubre de 2020, de la Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, por la que se publican los criterios específicos aprobados para cada uno de los campos de evaluación, o criterio xeral aplicable a todos os campos é: ‘’Para que unha aportación sea considerada, a persoa solicitante deberá haber participado activamente nos traballos que lle deron orixe, concretando a súa aportación específica aos mesmos nos casos de multiautoría..’’ Sinálase ademáis o criterio específico para cada campo científico.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons