Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Citas e referencias bibliográficas: Norma UNE-ISO 690:2013

Estilo UNE-ISO 690

A norma UNE-ISO 690:2013  "Directrices para la redacción de referencias bibliográficas y de citas de recursos de información" é unha norma internacional que recolle unhas directrices para a redacción das citas e referencias bibliográficas aplicables a calquera tipo de material - monografías, mapas, patentes, obras gráficas, audiovisuais, etc.- e para calquera área do coñecemento.

Esta norma establece unha serie de elementos que deben aparecer nas referencias bibliográficas e nas citas no texto, pero non obriga a usar unha puntuación determinada, sempre que esta sexa coherente en todas as referencias e os elementos estean claramente identificados e separados, ou a seguir unha orde concreta, aínda que se recomenda a seguinte:

Autoría - Título - Designación do soporte (se é necesario) - Edición - Datos editoriais - Data de publicación(1) - Título da serie (se se aplica) - Numeración - Identificador normalizado (se se aplica) - Dispoñibilidade (nos recursos electrónicos, por exemplo) - Información xeral adicional
(1) Se se emprega o sistema "nome e data" nas citas (sistema Harvard), a data de publicación na referencia vai detrás do nome do/a autor/a. Neste caso, non se repite a data despois do nome da editorial, excepto se é necesario poñer unha data máis completa:
Exemplo:   CRANE, D., 1972. Invisible Colleges. Chicago: University of Chicago Press 


Para cada tipo de publicación, a norma establece unha serie de elementos obrigatorios nas referencias e outros opcionais. Dentro dos formatos das referencias que aparecen nos apartados inferiores os elementos obrigatorios irán marcados en vermello e os opcionais en verde. Tamén se permite engadir nas referencias outra información relevante na posición máis adecuada.

Referencias por tipo de documento (obras impresas)

Formato da referencia:


APELIDO/S, nome do/a autor/a do artigo. Título do artigo. Título da publicación (en cursiva). Edición (se non é a 1ª). Data, numeración(páxinas). ISSN
(se está dispoñible na publicación)


ANDREWS, M., et al. Growth of Chara Lispida II. Shack adaptation. Journal of Ecology. 1984, 72(3), 885-895. ISSN 0022-0477.

STIEG, M.F., 1981. The information needs of historians. College and Research Libraries, 42(6), pp. 549-560.

Formato da referencia:


 APELIDO/S, nome do/a autor/a. Título da obra (en cursiva). Edición (se non é a 1ª). Creador/a secundario/a (tradutor/a, ilustrador/a, etc.) Lugar de publicación: editorial, ano. ISBN (se consta no libro)

 

  • Un/ha autor/a:

MARTÍN ABAD, J. Los libros impresos antiguos. Valladolid: Universidad, Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, 2004.

MANKIW, N. Gregory, 2014. Macroeconomía. 4ª ed. Barcelona: Antoni Bosch. ISBN 9788495348944.

  • Dous / tres autores/as:

SEGURA, J., DURÁN, F., TOHARIA, L. e BENTOLILA, S., 1991. Análisis de la contratación temporal en España. Madrid: MTSS.

  • Máis de tres autores/as: Recoméndase indicar todos os nomes, aínda que tamén se pode anotar o primeiro seguido da expresión et al / y otros / e outros.

PABLOS HEREDERO, Carmen, et al. Organización y transformación de los sistemas de información en la empresa. Madrid: ESIC, 2012

JIMÉNEZ-VILLA, Josep; ARGIMON-PALLÁS, Josep M.; MARTIN-ZURRO, Amando e VILARDELL-TARRÉS, Miquel. Publicación científica biomédica. Cómo escribir y publicar un artículo de investigación. Barcelona: Elsevier España, 2010. ISBN: 978 84 8086 461 9.

  • Autoría corporativa:

UNESCO INSTITUTE FOR STATISTICS. Financing education in Sub-Saharan Africa: Meeting the challenges of expansion, equity and quality. UNESCO, 2011.


NOTA: Cando hai máis dunha persoa responsable da obra, só a primeira debe ir en orde inverso, o resto pode ir en orde inverso ou directo.

PARKER, T.J. e W.A. HASWELL. A text book of zoology. London: Macmillan, 1940.

Formato da referencia:


 APELIDO/S, nome do/a autor/a do capítulo. Título do capítulo. En: APELIDO/S, nome do/a autor/a da obra. Título da obra (en cursiva). Edición (se non é a 1ª). Lugar de publicación: editorial, ano, páxinas. ISBN (se consta no libro)


PIMENTEL, J. Entre el imperio vegetal y el sagrado enigma. Linneo, Goethe y el lenguaje de las plantas. En: OLMOS, R., CABRERA, P. e MONTERO, S. (eds.). El reino vegetal en el imaginario religioso del Mediterráneo. Madrid: Polifemo, 2005, pp. 297-320.


Como se pode ver neste exemplo, a referencia consta de dúas partes: a primeira parte contén os datos do capítulo ou parte:

  • Pimentel, J. Entre el imperio vegetal y el sagrado enigma. Linneo, Goethe y el lenguaje de las plantas.

E a continuación, os datos da obra principal e as páxinas que abarca o capítulo:

  • En: OLMOS, R., CABRERA, P. e MONTERO, S. (eds.). El reino vegetal en el imaginario religioso del Mediterráneo. Madrid: Polifemo, 2005, pp., 297-320.


NOTA: As persoas responsables da obra principal poden aparecer en orde inverso ou directo.


SMITH, C. Problems of information studies in history. En: S. STONE, ed. Humanities information research. Sheffield: CRUS, 1980, pp. 27-30.

A redacción das referencias tanto para os libros de actas como para as comunicacións publicadas neses libros seguen o formato dos libros e dos capítulos de libros respectivamente.

Libros de actas:

  • Exemplo de libro de actas con mención dos editores responsables da publicación:

LÁZARO, Luis Alberto e PORTO REQUEJO, María Dolores (eds. lit.). English and American studies in Spain: new developments and trends. Alcalá: Universidad, Servicio de Publicaciones, 2015. ISBN: 978-84-16599-11-0.

  • Exemplo de actas sen responsable principal da edición:

Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: (Santiago, 15-20 xullo de 1985). Santiago de Compostela : Servicio de Publicacións da Universidade, 1986. ISBN: 84-7191-399-2. (o título é o primeiro elemento se non se pode identificar ningunha persoa ou entidade responsable).

Comunicacións individuais:

PÉREZ ESCOLAR, M. El cambio ecológico de la comunicación do it yourself. Transformación del escenario mediático tradicional desde la perspectiva del prosumidor. En: Actas del I Congreso Internacional Comunicación y Pensamiento. Comunicracia y desarrollo social. Sevilla: Egregius, 2016, pp. 19-34.

CEREZO GALÁN, Pedro. La antropología del espíritu en Juan de la Cruz. En: Actas del Congreso Internacional Sanjuanista, (Ávila 23-28 de septiembre de 1991). [S.l.]: [s.n.], 1991, pp. 128-154 


Nota: As actas numeradas dunha serie de congresos deberían tratarse como nas publicacións seriadas.

As teses e traballos académicos publicados reciben o mesmo tratamento na redacción das referencias que os libros.

Para as obras inéditas o formato da referencia é:


APELIDO(S), Nome do/a autor/a. Título da obra (en cursiva).
Creador/a secundario/a (dirección da tese, por exemplo [Clase de traballo inédito]. Institución académica na que se presenta, lugar, ano.


Traballos publicados:

PACHECO VIEIRA, Elvira. Capital humano como factor de convergencia: análisis econométrico de la euroregión Galicia-Norte de Portugal. Santiago de Compostela: Universidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007. ISBN: 978-84-9750-891-9.

LASCURAIN SÁNCHEZ, María Luisa. Análisis de la actividad científica y del consumo de información de los psicólogos españoles del ámbito universitario durante el período 1986-1995. Director: Elias Sanz Casado. Universidad Carlos III de Madrid, Departamento de Biblioteconomía y Documentación, 2001

Traballos inéditos:

CONDE LÓPEZ, Rosa María.  La música histórica en Cantabria: fondos documentales (siglos XI-XIX) [Tese de  doutoramento inédita]. Universidad de Cantabria, 2015

SEVILLA RUIZ, D. 2008. Desarrollo del modelo de componentes distribuido Corba Lightweight Components (CORBA-LC). A. F. Gómez Eskarmeta y J. M. García Carrasco (dir.) [Tesis doctoral inédita]. Universidad de Murcia.

Formato da referencia:


Organismo responsable da norma. Código identificativo da norma. Título da norma (en cursiva). Lugar de publicación: editorial, ano de publicación


INSTITUTE OF ELECTRICAL AND ELECTRONICS  ENGINEERS. IEEE Std 1547™-2003 IEEE. Standard for Interconnecting Distributed Resources with Electric Power Systems. New York : IEEE-SA Standards Board, 2003. ISBN 0-7381-3720-0

INTERNATIONAL ORGANIZATION FOR STANDARIZATION. 2016. ISO 6385:2016: Ergonomics principles in the design of work systems. Genève: ISO.   (neste caso, o código está incluído no título da norma)

Formato da referencia:


AUTORIDADE ou AUTORÍA. Título do informe (en cursiva). Lugar de publicación: Editorial, Data de publicación. Colección, número do informe.


MITCHELL, D. e LOADER, A. Investigation of pollutant emissions from crematoria. Stevenage: Warren Spring Lab., 1993. WSLLR-908 (PA).

CORREA-LÓPEZ, M., PACCE, M. e SCHLEPPER, K. 2019. Exploring trend inflation dynamics in euro area countries. Documentos de trabajo Banco de España, nº 1909.

Formato da referencia:


TITULAR DA PATENTE. Título da patente.
Nome e apelido do/a inventor/a. Data de publicación. Data de solicitude. País, tipo de patente. Designación oficial.


CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTíFICAS. Instalación para el precalentamiento de materias primas con destino a los procedimientos de fabricación de acero mediante conversión al oxígeno. Inventor: M. FERNÁNDEZ LÓPEZ. 1987-04-16. Fecha de solicitud: 1986-05-27. España, patente de invención. ES 8703165 A6.

WINGET LTD. Detechable bulldozer attachment for dumper vehicles. Inventor: Reginald John ENGLAND. 8 marzo 1967. Socilitud: 10 junio 1963. Int. CI: 02F 3/76. GB CI: E1F 12. GB Patent Especification 1060631

Formato da referencia:


Área xeográfica. Ano. Título da lei, disposición, etc. Nome da publicacion (en cursiva), data de publicación, numeración do boletín, páxinas


CANTABRIA. 2006. Decreto 82/2006, de 13 de julio, por el que se regula el régimen jurídico y el procedimiento de otorgamiento de autorizaciones en los puertos de Cantabria. Boletín Oficial de Cantabria, 18 de julio de 2006, 138, pp. 8919-8923.


Video tutorial da Biblioteca da UNED:

Películas, vídeos, emisións de radio ou TV:

Xeneralmente as películas, os programas de TV ou as emisións de radio son o resultado da colaboración de moitas persoas, polo tanto, o título adoita ser o primeiro elemento da referencia bibliográfica:


Título (en cursiva) [Formato de difusión]. Director, productor, actor, etc.
(se se necesita para diferenciar recursos co mesmo título). Lugar de edición: produtora, ano.


Fahrenheit 451 [película]. Dirixida por François TRUFFAUT. London: Universal Pictures, 1966

Las señoritas de Rochefort [DVD]. Madrid: Divisa Home Video, 2008

Cuéntame cómo pasó. TVE1, 2001-

Yes, Prime Minister. Episode 1, The Ministerial Broadcast. BBC 2. 16 Jan. 1982.  (programa individual dentro dunha serie)


NOTA: no caso das películas, a data preferida é o ano de difusión no país de produción. Con todo, se se fai referencia a unha copia concreta, a data será a que conste no soporte (DVD, VHS, etc.)

Formato da referencia


AUTORÍA ou ENTIDADE responsable principal da creación do mapa. Título do mapa (en cursiva) [Formato]. Designación da serie cartográfica. Escala. Lugar de publicación: editor, ano.


INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL. 2015. Mapa topográfico de Madrid [Mapa]. 1:50.000. Madrid: Instituto Geográfico Nacional.

INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL. Ribadeo [Material cartográfico]. 1:25.000 proyección U.T.M. elipsoide internacional. 4ª ed. Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica, 2014.

REY, Jorge. Mapa fisiográfico submarino de la Ría de Arosa [Material cartográfico]. 1:50000. Madrid : Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Secretaría General Técnica, 1993.

Métodos de cita e referencias

SISTEMA DE NOME E DATA (Sistema Harvard):

  • Cita no texto:

(Apelido do/a autor/a ou autor corporativo, ano de publicación, páxinas ou parágrafo) (as páxinas pódense incluír cando se citan partes concretas dun recurso)

Se hai máis dunha obra coa mesma autoría e o mesmo ano, distínguense engadindo unha letra minúscula (a, b, c...) despois do ano.

The notion of an invisible college has been explored in the sciences (Crane, 1972). Its absence among historians is noted by Stieg (1981b, p. 556)

  • Referencias:

As referencias ordénanse alfabeticamente polos apelidos dos/as autores/as.

CRANE, D., 1971. Invisible Colleges. Chicago: University of Chicago Press

SMITH, C., 1980. Problems of information studies in history. En: S. STONE, ed. Humanities information research. Sheffield: CRUS, pp. 27-30.

STIEG, M.F., 1981b. The information needs of historians. College and Research Libraries, 42(6), 549-560.

SISTEMA NUMÉRICO:

  • Cita no texto:

Introdúcense números entre parénteses, corchetes ou coma superíndices, que fan referencia aos recursos na orde en que se citan por primeira vez. As citas posteriores dun recurso reciben o mesmo número que na primeira cita. Se se citan partes concretas dun recurso, os números de páxina pódense poñer despois do número da nota.

The notion of an invisible college has been explored in the sciences (26). Its absence among historians is noted by Stieg (13, p. 556)

  • Referencias:

As referencias dos números citados ordénanse numericamente.

13. STIEG, M.F., 1981b. The information needs of historians. College and Research Libraries, 42(6), 549-560.

...

26. CRANE, D., 1971. Invisible Colleges. Chicago: University of Chicago Press

NOTAS CONTÍNUAS:

  • Cita no texto:

Os números que se insertan no texto fan referencia a notas, que poden conter referencias bibliográficas de recursos citados. Estas notas numéranse segundo aparecen no texto e cada unha, aínda que citen o mesmo recurso, teñen números separados e consecutivos.

The notion of an invisible college has been explored in the sciences (16). Its absence among historians is noted by Stieg (17).

  • Referencias:

As notas ordénanse numericamente. Se unha nota se refire a un recurso xa citado, ou ben se repite a referencia completa ou ben se da o número da nota anterior e os números de páxina necesarios.

16. CRANE, D., 1971. Invisible Colleges. Chicago: University of Chicago Press

17. STIEG, M.F., 1981b. The information needs of historians. College and Research Libraries, 42(6), 549-560.

...

27. STIEG, ref. 17, p. 256.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons