Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Citas e referencias bibliográficas: Estilo VANCOUVER (URM)

Estilo Vancouver

Os Uniform Requirements for Manuscripts Submitted to Biomedical Journals (URMs) - máis coñecido como estilo VANCOUVER - tén a súa orixe nun documento publicado en 1978 por un grupo de editores de revistas médicas, no que se recollían as recomendacións básicas para a publicación de revistas e as pautas que debían seguir os manuscritos enviados para a súa publicación en ditas revistas. Posteriormente, o International Committee of Medical Journal Editors (ICMJE) publicou sucesivas edicións revisadas das URM.

Na actualidade as normas para a redacción das citas e a elaboración das listaxes de referencias baseadas no estilo Vancouver (URM) son desenvolvidas e mantidas pola National Library of Medicine (NLM). Os exemplos dos distintos formatos de referencias bibliográficas pódense encontrar en: Citing Medicine: The NLM Style Guide for Authors, Editors, and Publishers (2nd edition). A norma na que se basea o estilo, a ANSI/NISO Z39.29 Bibliographic References, foi modificada en 2010. Desde entón o estilo Vancouver presenta modificacións aínda non recollidas na norma para adaptarse aos novos documentos e formatos electrónicos.


Recomendacións xerais para a mención de autoría:

  • Os nomes dos/as autores/as lístanse na orde na que aparecen no texto.
  • Os nomes propios de autores/as aparecen despois dos apelidos en forma de iniciais, que non poden ser máis de dúas e sen puntuación entre elas. Tamén se deben evitar os diacríticos, acentos e caracteres especiais (isto aplícase tamén para os títulos das obras).

Baron TH         Egan J

  • O estilo Vancouver permite incluír todos os nomes de autor/a na referencia. Pero, por cuestións de espazo, e sempre que non se indique o contrario, pode ser recomendable reducilos a tres ou a seis (opción máis habitual); nese caso ponse a expresión "et al." ou "e outros" despois do último nome. Os diferentes nomes sepáranse entre sí por coma.

Romero-Sánchez JM, Paramio-Cuevas JC, Paloma-Castro O, PastorMontero SM, O’Ferrall-González C, Gabaldón-Bravo EM, et al.

  • Se unha organización exerce a autoría, hai que eliminar o artigo inicial do nome.

The American Cancer Society   >   American Cancer Society

Referencias por tipo de documento (obras impresas)

Formato da referencia:


Apelidos Nome autor/a. Título do artigo. Nome da revista. Data;volume(número):páxinas


Lee CH, Macgregor PF. Using microarrays to predict resistance to chemotherapy in cancer patients. Pharmacogenomics. 2004 Sep;5(6):611-25.

Morales A, Ivorra I, Gallego R. Membrane properties of glossopharyngeal sensory neurons in the petrosal ganglion of the cat. Brain Res. 1987;401(2):340-6.


NOTA:

É obrigatorio empregar o título abreviado da revista, salvo que só teña unha palabra, seguindo a lista de títulos do NLM Catalog: journals referenced in the NCBI databases. De non atopar a abreviatura, pódese consultar a base de datos do ISSN ou crear unha nova baseándose nos parámetros doutras abreviaturas existentes.

Na referencia hai que poñer o nome da revista empregado no momento de publicación do artigo, no caso de que houbera modificacións posteriores.

Hai que citar sempre a versión que se consulta, é dicir, non se pode citar a versión impresa se se consultou a electrónica e viceversa.

Se hai nomes de autores/as personais e dunha organización ao tempo, póñense todos na orde na que aparecen, Os nomes de organizacións sepáranse do resto por punto e coma.

Margulies EH; NISC Comparative Sequencing Program; Maduro VV, Thomas PJ, Tomkins JP, Amemiya CT, Luo M, Green ED.

Tradúcense os títulos dos artigos que non están en inglés e póñense entre corchetes. O idioma do título orixinal menciónase ao final da referencia.

Wilkniss SM, Hunter RH, Silverstein SM. [Multimodal treatment of aggression and violence in individuals with psychosis]. Sante Ment Que. 2004 Autumn;29(2):143-74. French.

Formato de referencia:


Apelidos Nome. Título. Edición (se non é a primeira). Lugar de publicación: Editor; Data de publicación. Páxinas.


Ochoa S. Base molecular de la expresión del mensaje genético. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas; 2000. 219 p.

McCrae N, Nolan P. The Story of Nursing in British Mental Hospitals: Echoes from the corridors. The Story of Nursing in British Mental Hospitals: Echoes from the Corridors. London: Taylor and Francis; 2016. 320 p.


NOTA:

Se a autoría recae nun/ha editor/a, porase o seu nome, seguido do seu título de función. O mesmo aplícase para os/as tradutores/as.

Lopez-Goni I, Moriyon I, editores. Brucella: molecular and cellular biology. Wymondham (England): Horizon Bioscience; c2004. 432 p.

Se non se pode atopar ningunha persoa ou entidade responsable da autoría do texto, comézase a referencia co título:

Handbook of geriatric drug therapy. Springhouse (PA): Springhouse; c2000.

Se hai nomes de individuos e dunha organización ao tempo como responsables, só os/as autores/as individuais aparecen ao comezo da referencia; o nome da organización pode aparecer ao final como nota se se desexa.

Stahl PH, Wermuth CG, editors. Handbook of pharmaceutical salts: properties, selection, and use. New York: Wiley-VCH; c2002. 374 p. Prepared for the International Union of Pure and Applied Chemistry.

Os datos de publicación son obrigatorios, se se descoñecen haberá que indicalo na referencia coas empresións entre corchetes: [lugar descoñecido], [editor descoñecido] e [data descoñecida].

Wilson JD. Steroid 5 alpha-reductase 2 deficiency. [lugar descoñecido: editor descoñecido]; 1992.

Só se inclúen na referencia un lugar de edición e un nome de editor, os que aparecen no primeiro lugar ou os que se amosan máis resaltados no texto.

Existen dúas formas de facer as referencias dos capítulos, dependendo de se se trata dunha obra cunha autoría individual ou dunha obra con editor/a literario/a, na que cada capítulo ten a súa autoría.
 

Formato da referencia para autoría individualizada:


Apelidos Nome. Título da obra. Edición. Lugar de publicación: Editor; Ano de publicación. Número do capítulo ou parte, Título do capítulo ou parte; Páxinas.
 

Lyons D. Lab rats: how Silicon Valley made work miserable for the rest of us. New York: Hachette; 2018. Chapter 2, The new oligarchs; p. 29-50.

Reed JG, Baxter PM. Library use: handbook for psychology. 3rd ed. Washington: American Psychological Association; c2003. Appendix, Brief guide to literature searching; p. 145-7.


Formato da referencia para obras editadas:


Apelidos Nome. Título do capítulo. En: Apelido Nome, editor/es. Título da obra. Edición (se non é a primeira). Lugar de publicación: Editor; Ano de publicación. Páxinas


Lorente del Río N. Bioestadística para enfermería. En: Lázaro Hidalgo L, Domínguez Simón MJ, editores. Metodología de los cuidados enfermeros: concepto y aplicación práctica. Madrid: Enfo Ediciones; 2015. p. 379-432..

As actas impresas dun congreso referéncianse coma os libros, mentres que os relatorios incluídos nas actas seguen o modelo para os capítulos de libro. En ambos casos é necesario incluír os datos de celebración do congreso (título, data e lugar).

 

Exemplo de actas impresas:

Harnden P, Joffe JK, Jones WG, editors. Germ cell tumours V. Proceedings of the 5th Germ Cell Tumour Conference; 2001 Sep 13-15; Leeds, UK. New York: Springer; 2002.

Harris AH, editor. Proceedings of the 19th Australian Conference of Health Economists; 1997 Sep 13-14; Sydney, AU. Kensington (AU): School of Health Services Management, University of New South Wales; 1998.

Exemplo de relatorios:

Ramírez García MR. Propuesta de un nuevo decreto de enseñanzas para auxiliares de enfermería. En: VI Congreso Nacional y I Europeo de Auxiliar de Enfermería : 7, 8, 9 y 10 de Mayo de 1996, San Agustín, Gran Canaria. Las Palmas de Gran Canaria: Gobierno de Canarias, Consejería de Sanidad y Consumo; 1996. p. 43-96.

Rice AS, Farquhar-Smith WP, Bridges D, Brooks JW. Canabinoids and pain. En: Dostorovsky JO, Carr DB, Koltzenburg M, editores. Proceedings of the 10th World Congress on Pain; 2002 Aug 17-22; San Diego. Seattle: IASP Press; 2003. p. 437-68.

Exemplo de relatorios non publicados e pósteres:

Bowden FJ, Fairley CK. Endemic STDs in the Northern Territory: estimations of effective rates of partner exchange. Paper presented at: The Scientific Meeting of the Royal Australian College of Physicians; 1996 Jun 24-25; Darwin.

Zandbelt BB, Hoogendam JM, van Buuren M, Sack A, Kahn RS, Vink M. Repetitive transcranial magnetic stimulation alters resting-state functional connectivity. Poster session presented at: 15th Annual Meeting of the Organization for Human Brain Mapping; 2009 Jun 18-23; San Francisco.


NOTA:

Se non se coñece o/a editor/a das actas dun congreso ou conferencia, pero si aparece o nome da persoa que realiza a tradución, porase esta no seu lugar, coa indicación de función:

Walser E, tradutor.

Se non se identifican nin editores/as nin tradutores/as, a referencia comeza co título do libro ou, de non ter un nome diferenciado, co nome do congreso ou conferencia:

Practical points in dentistry: the alternatives. International Dental Congress of the Mekong River Region; 2004 Jun 7-10; Century Park Hotel, Bangkok, Thailand. Bangkok: Mahidol University, Faculty of Dentistry; [2004]. 82 p.

10th International Psoriasis Symposium; 2004 Jun 10-13; Toronto, ON. Chicago: Skin Disease Education Foundation; 2004. 160 p.

Formato da referencia:
 

Apelidos Nome do/a autor/a. Título do traballo [Tipo de traballo académico], Lugar de publicación: editor; Ano de publicación. Número total de páxinas


Borkowski MM. Infant sleep and feeding: a telephone survey of Hispanic Americans [dissertation]. Mount Pleasant (MI): Central Michigan University; 2002.

Montes Alvarez MJ. Parámetros predictivos de complicaciones macroangiopaticos en la diabetes mellitus tipo 2 que precisa insulinoterapia [tesis]. Cádiz (Spain): Universidad de Cádiz; 2005. 180 p.


NOTA:

No caso dos traballos académicos, o lugar de publicación e a poboación onde se ubica a universidade que concede o título. Se non consta o nome, hai que obtelo doutra fonte e colocalo entre corchetes.

A editorial é o nome da universidade que outorga o título.

Se o título do traballo non está en inglés, porase a tradución ao inglés entre corchetes sempre que sexa posible e a indicación da lingua orixinal ao final da referencia.

Montes Alvarez MJ. Parametros predictivos de complicaciones macroangiopaticos en la diabetes mellitus tipo 2 que precisa insulinoterapia [Predictive parameters for macroangiopathy complications in Type 2 diabetes which requires insulin] [dissertation]. Cadiz (Spain): Universidad de Cadiz; 2005. 180 p. Spanish.

Formato da referencia:

 

Apelidos nome do/a autor/a da patente, inventor; Nome do titular da patente, solicitante. Título da patente. País de expedición da patente código do país número da patente. Data de publicación.

Howlett CW, Bullis G, Bernardo A, inventores; Nobel Biocare Services AG, solicitante. Dental implant delivery system. United States patent US 6,913,465. 2005 Jul 5.


NOTA:

Os termos en inglés para os indicadores de función dos/as autores/as e solicitantes son "inventor" e "assignee" respectivamente.

Hai que poñer tódolos nomes dos/as inventores/as e solicitantes, independentemente do seu número.

Se a inventora é unha organización, repítese tamén o nome na función de solicitante.

The Dow Chemical Company, inventor; The Dow Chemical Company, assignee. Method of producing amines from alcohols, aldehydes, ketones and mixtures thereof. Canadian patent CA 1126248. 1982 Jun 22.

Se o título da patente non está en inglés, inclúese a tradución entre corchetes e a indicación do idioma orixinal ao final da referencia.

Bazhenov AN, Ilyushina LV, Plesovskaya IV, inventors; Bazhenov AN, Ilyushina LV, Plesovskaya IV, assignee. Metodika lecheniia pri revmatoidnom artrite [Method for treating rheumatoid arthritis]. Russian Federation patent RU 2268734. 2006 Jan 27. Russian.

Formato da referencia:
 

Apelidos nome do/a autor/a. Título do informe. Lugar de publicación: editor; data de publicación. Número total de páxinas. Número do informe.


Page E, Harney J. Health hazard evaluation report. Cincinatti: National Institute for Occupational Safety and Health (US); 2001. Report No.: HETA2000-0139-2824.

Rowe IL, Carson NE. Medical manpower in Victoria. East Bentleigh (AU): Monash University, Department of Community Practice; 1981. 35 p. Report No.: 4


NOTA:

Institucións como universidades, asociacións, sociedades, corporacións ou gobernos poden constar como autores dun informe. Con todo, se tanto individuos como institucións aparecen no documento como autores, porase ás persoas como responsables; a institución pode constar en nota se se desexa.

Os nomes das institucións póñense na súa lingua de orixe. Se esta é diferente do inglés, porase a tradución entre corchetes sempre que sexa posible.

Nordisk Anaestesiologisk Forening [Scandinavian Society of Anaesthesiologists].

Se non hai autores, úsase o nome dos editores ou tradutores se existen. Se non hai ningunha mención de autoría, a referencia comeza co título do informe.

O estilo Vancouver non recolle pautas concretas para a citación de documentos legais, remitindo á obra The Bluebook: a Uniform System of Citation, que, aínda así, aplícase á normativa estadounidense e pode non encaixar coa forma de citar os documentos legais doutros países. En todo caso, para citar leis e outros documentos semellantes, deben proporcionarse todos os elementos necesarios para identificar e localizar claramente a norma.

Real Decreto-ley 16/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes para garantizar la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud y mejorar la calidad y seguridad de sus prestaciones. BOE n.98 (24 Abr 2014).

Por outra banda, as citas para a lexislación e a xurisprudencia teñen un tratamento diferente. É recomendable que se resolvan no proprio texto cunha nota a pé de páxina, sen necesidade de incluílas na bibliografía, ou ben, elaborar un apéndice lexislativo, se fora o caso.

[No texto]

En Navarra todo esto viene amparado bajo la Ley Foral 10/19901 siendo en el ejercicio de estas competencias donde se enmarca el Real Decreto 259/19972 .

[A pé de páxina]

1 Ley Foral 10/1990, de 23 de noviembre, de Salud. BON 3-12-1990, núm. 146, pág. 4377.

2 Decreto Foral 259/1997 del 22 de septiembre por el que se establece la ordenación de las prestaciones sanitarias en tocoginecología y planificación familiar. BON 8-10-1997, núm. 121, pág. 6990

Formato da referencia:

 

Autores/as, cartógrafo. Título do mapa [tipo de mapa]. Lugar de publicación: editor; data. Descrición física. Notas.


Buchholz D, cartographer. Street map, San Diego, southern area [map]. Oceanside (CA): Global Graphics; 2000. 1 sheet: 1:45,000; 89 x 68.5 cm.; color.

Maiden quadrangle, North Carolina, 1993 [topographic map]. Reston (VA): Geological Survey (US); 1996. 1 sheet: 1:24,000; Lambert conformal conic proj.; 68 x 56 cm.; color.

Métodos de cita e referencias

Aínda que nas publicacións médicas pódense atopar os tres sistemas de cita no texto que se amosan na presente infoguía, o sistema preferido polo estilo Vancouver é o método numérico. Cada cita no texto irá seguida dun número arábigo entre parénteses (opción preferida), corchetes ou coma superíndice.

...as one author has put it "the darkest days were still ahead".(1)

...as one author has put it "the darkest days were still ahead".[1]

...as one author has put it "the darkest days were still ahead".1

A cada cita correspóndelle un só número, que se repetirá sempre que se volva mencionar no texto. 

En 1998, Callahan (3, p51) argumentó que el fracaso para alcanzar los objetivos de la formación en medicina se debía a que carecía de una base filosófica adecuada que proporcionara las directrices necesarias.

[...]

Este debate se inscribe en uno más amplio e internacional acerca de la filosofía de la medicina (3, p345).

[…]

As referencias ao final do texto ordenaranse correlativamente polos números das citas.

1. Porac C, Coren S. Dominant eye. Psychol Bull. 1976; 83(5):880–97.

2. Coren S, Kaplan CP. Patterns of ocular dominance. Am J Optom Arch Am Acad Optom. 1973;50(4):283–92.

3. Mapp AP, Ono H, Barbeito R. What does the dominant eye dominate? A brief and somewhat contentious review. Percept Psychophys. 2003;65(2):310–7.

NOTA: Aínda que non é habitual, pódense incluír as páxinas ou outro dato indentificativo co número de referencia:

Lo que conduce a Clausius a una nueva formulación: "No se puede efectuar, sin compensación, el paso del calor de un cuerpo frío a otro caliente" (18 p58).

...as one author has put it "the darkest days were still ahead".1(p23)

Jones (10 pp23‐27) states that...

Como ejemplifica Murphy, no hay una correlación directa entre las bajas laborales y el nivel de atención médica (34 fig4)

Cando se citan varias referencias nun mesmo punto do texto, estas separanse por comas se non son consecutivas e por guión se son consecutivas.

Modern scientific nomenclature really began with Linnaeus in botany (1), but other disciplines (2,3) were not many years behind in developing various systems (4-7) for nomenclature and symbolization.

Numerous studies20‐22 have.....

…and its security analysis based on a hard problem under standard security model have been presented (3,5,16-19) afterwards.

Cando a referencia citada ten máis de tres autores/as, só se inclúe o primeiro nome, seguido da expresión "et al.".

Como sostienen Orban et al. [15] las decisiones médicas pueden estar basadas en una combinación de criterios normalizados y factores intuitivos.

Aínda que na Introdución do manual do estilo Vancouver, recoméndase consultar todas as fontes que se citan, ás veces só é posible acceder a unha referencia a través doutra obra, que si se consultou. Neste caso, é necesario citar as dúas fontes no texto, así coma incluílas nas referencias, cada unha con cadanseu número.

...to highlight the issue Taylor (10) discusses Bridge's research work....

Brown (5), citado por Smith (6 p27), descubrió que...

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons