Un xestor bibliográfico ou xestor de referencias bibliográficas é unha aplicación informática que se utiliza para organizar as referencias bibliográficas, procedentes de diferentes fontes de información. Permiten a creación de bases de datos personais nas que o usuario pode recompilar, gardar, actualizar e ordenar un gran volume de referencias bibliográficas.
Cada persoa usuaria crea, actualiza e mantén a súa base de datos bibliográfica segundo as súas necesidades. Pódense descargar as referencias de forma manual ou automática, a partir de buscas en catálogos, bases de datos ou portais de revistas electrónicas.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es